Os "independentes" do BNG apostan polo "proxecto común" do nacionalismo

Militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG asinan un manifesto de adhesión ao BNG, “unha ferramenta imprescindíbel para esta nación”, din. Lembran os "logros" que conseguiu esta formación para Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2012 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

“As persoas asinantes deste manifesto, sabedoras da utilidade e necesidade do nacionalismo para o pobo galego, interesadas no proxecto común que o BNG animou e construíu, queremos facer un chamamento sobre a necesidade de continuidade dese proceso dinámico e en constante revisión que significa o BNG do futuro, unha ferramenta imprescindíbel para esta nación en marcha que ten que centrar os seus esforzos en traballar para transformar a sociedade”. Así comeza o manifesto "tamén conosco"  que circula estes últimos días na rede e que asinan militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG entre os que se atopan Xavier Vence, Goretti Sanmartin, Luís Bará, Olalla Fernández Davila, Manuel Monge ou os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero ou Rianxo, Adolfo Muiño. 

None

 

Tras o acontecido no seo do BNG tras a asamblea nacional de xaneiro, este grupo de militantes nacionalistas fia pública unha serie de reflexións  “arredor da viabilidade do proxecto máis importante do nacionalismo galego”. Son as seguintes:

 

1. O BNG é un logro do nacionalismo galego que, ao se agrupar nunha organización política, conseguiu xuntar esforzos na defensa do dereito de autodeterminación, da democracia e dos intereses populares, dos dereitos do pobo galego, da autoorganización política e social, da solidariedade e xustiza social e do desenvolvemento socioeconómico. Aínda que queda moito camiño por andar e hai eivas claras no funcionamento interno, sen a existencia do BNG non serían posíbeis moitos dos avances acadados pola súa acción social e institucional en ámbitos como o ecoloxismo, o feminismo, os servizos sociais, a normalización lingüística, a cultura, o ensino etc. Deste xeito, para poder seguir avanzando neses ámbitos, cómpre un BNG que acolla todas as persoas con vontade transformadora. Sen un nacionalismo unido será moito máis fácil que continúe a haber graves retrocesos nestes e noutros terreos.

2. O nacionalismo galego agrupado no BNG acadou, nos seus 30 anos de historia, unha implantación territorial activa na práctica totalidade dos municipios e comarcas galegas, o que non sería posíbel sen a unión do nacionalismo. Esa implantación supuxo levar a defensa dos valores que o BNG representa ao nivel de contacto máis directo coa cidadanía no conxunto do país, no ámbito urbano e no rural, nas cidades, vilas e aldeas, algo hoxe tamén urxente para mantermos e afondarmos nos dereitos laborais, nas alternativas agrarias, na normalización da lingua, no feminismo, no ensino, na cooperación para o desenvolvemento, no ecoloxismo…, e, en definitiva, na reconstrución e autoestima do pobo galego. Para poder continuar a súa andaina a prol do pobo galego, evitando retrocesos nas conquistas sociais e procurando avances, é indispensábel que o BNG ofreza un proxecto soberanista de esquerdas anovado nas formas, inclusivo e participativo no funcionamento e con vocación de transformar a sociedade gañando a maioría social. Dificilmente se poderá facer iso sen anovar o BNG, e dificilmente se poderá facer partindo o BNG.

3. O BNG pode sentirse orgulloso dos moitos acertos con que soubo dignificar e mesmo reivindicar a existencia do pobo galego. Con todo, o BNG tamén debe recoñecer os seus erros, avalialos e rectificar cando for preciso. Labores principais, fundamentalmente da dirección política, son facerse entender pola súa base social, estabelecer un diálogo continuo entre os seus membros, manter unha interacción e comunicación fluída tanto interna como externamente e procurar maior integración, compañeirismo, colaboración interna e visibilización dun discurso integrador no que toda a base social nacionalista se sinta acollida e representada, tanto nas formas coma no fondo.

4. Finalmente, xulgamos que non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo, e a gran prexudicada sería, seriamos, a sociedade galega.

 

Por todo isto, piden o apoio para este manifesto xa que consideran que hai que “deseñar o futuro e construír espazos de convivencia e de debate”. Deste xeito, piden “responsabilidade, xenerosidade e un novo esforzo” ao conxunto do nacionalismo para conseguir que oBNG sexa unha organización nacionalista “integradora e útil para Galiza” e que se “aparten intereses de parte”.

 

“Hai que visibilizar os moitos puntos en común máis que as diferenzas, definindo un denominador común, procurando a inclusión de quen se foi afastando do proxecto nos últimos anos, apreciando a contribución de todas as persoas necesarias para a transformación social, procurando a empatía interna e cidadá, activando e facendo partícipes do proxecto ao conxunto de persoas e sectores que defenden valores comúns do nacionalismo”, conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

45 XABIER

Anovar o BNG?,E¿por que esperan a decilo agora,despois da Asamblea? Guillerme de portavoz é anovar o BNG?

44 Siohsi

NIN UNHA SOA mención no manifesto ao sectarismo de boa parte da súa militancia afín ao marxismo, nin as enmendas tamén sectarias prohibindo a alcaldes electos participar en cerimonias relixiosas mesmo que foran patronáis (nun rural tan católico coma o galego!) nin sobre dar vivas euforicas aos convidados da esquerda abertzale xusto despois de apupar aos de Convergencia de Catalunya. Asubíos tamén para X. M. Beiras cando ninguén fixo así o indio nas intervencións de Guillerme Vázquez (toma integración a todolos compañeiros/as!) En fin, que a boas horas xa para asegurar que dentro do BNG todo é chachi guai e que caben todos... O que hai é un medo negro a perder o control dunha parte do nacionalismo galego esta vez nada desdeñable. Xa nin a parva frase aquela do frío de fóra cren xa para meter medo.

1 Xurxo C.

ti sigue achantando con todo, sigue con festas relixiosas e similares, sigue querendo só a moqueta dos despachos, sigue o camiño de +G...xa me contarás!...(non queremos aprender!)

2 Manolo_

O que se prohibe é participar en actos relixiosos COMO alcalde/concelleiro, ninguén lle prohibe asistir a titulo particular. Os asubios a CIU foron 4 gatos, ao igual que os asubíos a Beiras, que por certo foron cando se lle dicia que se lle acaba o tempo (moita xente interpretou os asubíos como "deixádeo falar", e dicir, asubíos por tanto dos seus partidarios). Vaiamos desmontando mitos e tópicos mil veces repetidos por quen nen sequera estivo alí. E respecto ás vivas eufóricas á esquerda abertzale, que mal ves ahi? Nese caso eu era un deles (de todo o anterior non). En fin, a ver se esa viaxe vos serve para aclarar a cabeciña.

3 Xoelho

Aínda non temos superada a mentalidade da Inquisición, non se comprende que o estado ten que ser a- confesional, non confesional, laico. Igrexa e Estado deberían estar separados, e en Espanha só o están NA TEORÍA. Se o estado non é confesional as institucións do estado non poden nunca participar como tales nas festas ou cerimonias relixiosas. Outra cousa é que participen, se queren, como cidadáns particulares, mais nunca en representación institucional. A ver se asimilamos isto. Eu incluso penso que a presencia de alcaldes en procesións e demais como representante do municipio é ilegal, vai contra o que di a constitución, e penso incluso que podería denunciarse diante dos tribunais.

43 A mariña

independentes? que eu seipa paco teixeiro, ó xoias .. son da U

1 Respecto

A ver se abandonades dunha vez o recurso fácil de cualificar á xente; de inxuriar e calumniar, etc, etc. O resultado e a imaxe trasladada á sociedade son penosas. A maioría dos nacionalistas somos independentes, sen máis. Temos moitísimas coincidencias entre nós e diverxemos nas solucións. Unha parte pensa que fóra do BNG hai futuro. Outra parte pensa que é mellor traballar para un BNG plural e unido. Simplemente. O resto de comentarios son lixo e odio e con tales ingredientes ninguén vai a ningunha parte.

42 xouba

Simpático, un bo feixe dos "abaixo asinantes" son militantes upegallos!!! ha ha ha até os manifestos dos independentes teñen que controlar!!! En xeral, o mainfesto é un canto de serea que chega muito tarde e que debería dirixirse no ano anterior á AN á orgnización "dominante" que de verdade levou ás rochas a esta nave, o defunto BNG. E dígoo sen acritude. Eu heivos saudar igual, que conste. Bo día

41 Gamela

E o "proxecto común" seica non ten nadiña que dicir? Segue Paco Rodríguez a manter a súa consigna anti-indignación-xeral? Agora é o momento de plantarlle cara ao capital... ou aínda non? http://ir.gl/8ba2