Os "independentes" do BNG apostan polo "proxecto común" do nacionalismo

Militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG asinan un manifesto de adhesión ao BNG, “unha ferramenta imprescindíbel para esta nación”, din. Lembran os "logros" que conseguiu esta formación para Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2012 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

“As persoas asinantes deste manifesto, sabedoras da utilidade e necesidade do nacionalismo para o pobo galego, interesadas no proxecto común que o BNG animou e construíu, queremos facer un chamamento sobre a necesidade de continuidade dese proceso dinámico e en constante revisión que significa o BNG do futuro, unha ferramenta imprescindíbel para esta nación en marcha que ten que centrar os seus esforzos en traballar para transformar a sociedade”. Así comeza o manifesto "tamén conosco"  que circula estes últimos días na rede e que asinan militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG entre os que se atopan Xavier Vence, Goretti Sanmartin, Luís Bará, Olalla Fernández Davila, Manuel Monge ou os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero ou Rianxo, Adolfo Muiño. 

None

 

Tras o acontecido no seo do BNG tras a asamblea nacional de xaneiro, este grupo de militantes nacionalistas fia pública unha serie de reflexións  “arredor da viabilidade do proxecto máis importante do nacionalismo galego”. Son as seguintes:

 

1. O BNG é un logro do nacionalismo galego que, ao se agrupar nunha organización política, conseguiu xuntar esforzos na defensa do dereito de autodeterminación, da democracia e dos intereses populares, dos dereitos do pobo galego, da autoorganización política e social, da solidariedade e xustiza social e do desenvolvemento socioeconómico. Aínda que queda moito camiño por andar e hai eivas claras no funcionamento interno, sen a existencia do BNG non serían posíbeis moitos dos avances acadados pola súa acción social e institucional en ámbitos como o ecoloxismo, o feminismo, os servizos sociais, a normalización lingüística, a cultura, o ensino etc. Deste xeito, para poder seguir avanzando neses ámbitos, cómpre un BNG que acolla todas as persoas con vontade transformadora. Sen un nacionalismo unido será moito máis fácil que continúe a haber graves retrocesos nestes e noutros terreos.

2. O nacionalismo galego agrupado no BNG acadou, nos seus 30 anos de historia, unha implantación territorial activa na práctica totalidade dos municipios e comarcas galegas, o que non sería posíbel sen a unión do nacionalismo. Esa implantación supuxo levar a defensa dos valores que o BNG representa ao nivel de contacto máis directo coa cidadanía no conxunto do país, no ámbito urbano e no rural, nas cidades, vilas e aldeas, algo hoxe tamén urxente para mantermos e afondarmos nos dereitos laborais, nas alternativas agrarias, na normalización da lingua, no feminismo, no ensino, na cooperación para o desenvolvemento, no ecoloxismo…, e, en definitiva, na reconstrución e autoestima do pobo galego. Para poder continuar a súa andaina a prol do pobo galego, evitando retrocesos nas conquistas sociais e procurando avances, é indispensábel que o BNG ofreza un proxecto soberanista de esquerdas anovado nas formas, inclusivo e participativo no funcionamento e con vocación de transformar a sociedade gañando a maioría social. Dificilmente se poderá facer iso sen anovar o BNG, e dificilmente se poderá facer partindo o BNG.

3. O BNG pode sentirse orgulloso dos moitos acertos con que soubo dignificar e mesmo reivindicar a existencia do pobo galego. Con todo, o BNG tamén debe recoñecer os seus erros, avalialos e rectificar cando for preciso. Labores principais, fundamentalmente da dirección política, son facerse entender pola súa base social, estabelecer un diálogo continuo entre os seus membros, manter unha interacción e comunicación fluída tanto interna como externamente e procurar maior integración, compañeirismo, colaboración interna e visibilización dun discurso integrador no que toda a base social nacionalista se sinta acollida e representada, tanto nas formas coma no fondo.

4. Finalmente, xulgamos que non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo, e a gran prexudicada sería, seriamos, a sociedade galega.

 

Por todo isto, piden o apoio para este manifesto xa que consideran que hai que “deseñar o futuro e construír espazos de convivencia e de debate”. Deste xeito, piden “responsabilidade, xenerosidade e un novo esforzo” ao conxunto do nacionalismo para conseguir que oBNG sexa unha organización nacionalista “integradora e útil para Galiza” e que se “aparten intereses de parte”.

 

“Hai que visibilizar os moitos puntos en común máis que as diferenzas, definindo un denominador común, procurando a inclusión de quen se foi afastando do proxecto nos últimos anos, apreciando a contribución de todas as persoas necesarias para a transformación social, procurando a empatía interna e cidadá, activando e facendo partícipes do proxecto ao conxunto de persoas e sectores que defenden valores comúns do nacionalismo”, conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

40 León Gallego

¿Por què los nazionalistas jallejos no os disolvéis y nos dejáis en paz a los gallegos buenos y generosos? A la mayoría de nosotros no nos interesan vuestras historias decimonónicas. No necesitamos que ninguno de vosotros nos redima de nada y menos aún que nos digáis como tenemos que hablar o con que tenemos que identificarnos. No queremos vuestras autodeterminaciones ni vuestras señales de identidad colectiva y tampoco estamos en la lucha de clases ni en lo propio o impropio. Lo dicho, por favor dejadnos en paz.

1 Akribéstaton

Esse é o plural majestático ou falam os piolhos dos colchões? Vai ler, gachego.

2 Xiao

Aprende a escribir León Gallego....a gheada é con GH !!

39 Gamela

Non sei como, pero os manifestos medran coma fungos nesta Terra! Non sería mellor estar a traballar para facer do #29M un éxito común? NUNCA MÁIS ESCRAVOS DE BANCOS NIN MERCADOS!!! http://ir.gl/23b0d4

38 Martiño

Estaba cantado. A equipa do Bascuas, 30 persoas organizadas, van darlle a estocada final a un dos proxectos estrela da UPG, o BNG. O outro, a CIG, mantéñeno. O de estrela nunca mellor dito, pois a estrela vermella xa comezou a ser cuestionada fai dous anos no Día da Pátria por un desleal.

1 Henrique

A estrela na nosa bandeira sobra, é un invento de catro descerebrados dos anos 60, e ten a mesma validez que se eu lle engado unha fouce e un martelo, ou un folla de maria, ou unha media lua islámica. A nosa bandeira desde antes da Xeración Nós, é unha franxa azul, nada máis. Outra cousa é a bandeira do reino de Galiza, o noso simbolo nacional histórico.

2 Riazor 1982

Plenamente dacordo con Henrique. E quen cuestionou a estrela hai dous anos é un bo tipo, amén de non carecer de razón. Linchamentos como aquel explican moitas cousas que arestora suceden. A escisión é un erro, pero ten os seus porqués.

37 Gondomar

Caralho cos independentes!!!!!, sobre to Henrique Vieitez, deputado no P. Galego e dixirxente histórico da UPG...é quen corta o bacallau en Vigo dende hai anos. O que non entendo é o de Lali, que aínda na noutro día na asemblea comarcal de Vigo non a deixaron falar e agora está aí. Non o entendo, sobre todo tendo en conta que llefixereon a vida imposible dende a U e que non a querían de candidata, e que estaría soa senón fose polos irmandiños e independentes de verdade. Francamente Lali, defarudachesme moito.

1 cias

A tope con Gondomar: Lali, valentía!

36 Riazor 1982

Son as 18'50 do Venres 2 de marzo de 2012 e Praza Pública segue sen noticiar (ou difundir coa amplitude que o interese da noticia esixe) o manifesto a prol da unidade do BNG, e mailas significativas sinaturas que nel constan. Pola contra publicitan a seguinte nova: "EU ten unha oportunidade histórica, falando con outros, para estar presente no Parlamento galego". ¡¡¡Filipe véseche o plumero!!! O xornalismo serio é outra cousa. Para isto xa está LVG.

1 byuw

Eu nunca entro nese xornal, sempre me cheirou moi mal, dende a cansina e prolongada camapaña de Filipe contra o BNG dende o seu blog, ata o misterio do financiamento de Praza Pública, que non está moi craro quen puxo os cartos. Ese medio si que merece un boicot.

2 Caiño bravo

Tes razón, para xornalismo serio temos TerraeTempo.

3 Riazor 1982

Home, Terra e Tempo non é un xornal serio, é un medio de propaganda partidario. Pero iso xa se sabe. O outro non o sabiamos deica agora.

4 comento

Caiño, te estás a pasar neno!! Terra e Tempo é, xunto con El Jueves, unha das mellores publicacións de humor da península ibérica.