Os "independentes" do BNG apostan polo "proxecto común" do nacionalismo

Militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG asinan un manifesto de adhesión ao BNG, “unha ferramenta imprescindíbel para esta nación”, din. Lembran os "logros" que conseguiu esta formación para Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2012 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

“As persoas asinantes deste manifesto, sabedoras da utilidade e necesidade do nacionalismo para o pobo galego, interesadas no proxecto común que o BNG animou e construíu, queremos facer un chamamento sobre a necesidade de continuidade dese proceso dinámico e en constante revisión que significa o BNG do futuro, unha ferramenta imprescindíbel para esta nación en marcha que ten que centrar os seus esforzos en traballar para transformar a sociedade”. Así comeza o manifesto "tamén conosco"  que circula estes últimos días na rede e que asinan militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG entre os que se atopan Xavier Vence, Goretti Sanmartin, Luís Bará, Olalla Fernández Davila, Manuel Monge ou os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero ou Rianxo, Adolfo Muiño. 

None

 

Tras o acontecido no seo do BNG tras a asamblea nacional de xaneiro, este grupo de militantes nacionalistas fia pública unha serie de reflexións  “arredor da viabilidade do proxecto máis importante do nacionalismo galego”. Son as seguintes:

 

1. O BNG é un logro do nacionalismo galego que, ao se agrupar nunha organización política, conseguiu xuntar esforzos na defensa do dereito de autodeterminación, da democracia e dos intereses populares, dos dereitos do pobo galego, da autoorganización política e social, da solidariedade e xustiza social e do desenvolvemento socioeconómico. Aínda que queda moito camiño por andar e hai eivas claras no funcionamento interno, sen a existencia do BNG non serían posíbeis moitos dos avances acadados pola súa acción social e institucional en ámbitos como o ecoloxismo, o feminismo, os servizos sociais, a normalización lingüística, a cultura, o ensino etc. Deste xeito, para poder seguir avanzando neses ámbitos, cómpre un BNG que acolla todas as persoas con vontade transformadora. Sen un nacionalismo unido será moito máis fácil que continúe a haber graves retrocesos nestes e noutros terreos.

2. O nacionalismo galego agrupado no BNG acadou, nos seus 30 anos de historia, unha implantación territorial activa na práctica totalidade dos municipios e comarcas galegas, o que non sería posíbel sen a unión do nacionalismo. Esa implantación supuxo levar a defensa dos valores que o BNG representa ao nivel de contacto máis directo coa cidadanía no conxunto do país, no ámbito urbano e no rural, nas cidades, vilas e aldeas, algo hoxe tamén urxente para mantermos e afondarmos nos dereitos laborais, nas alternativas agrarias, na normalización da lingua, no feminismo, no ensino, na cooperación para o desenvolvemento, no ecoloxismo…, e, en definitiva, na reconstrución e autoestima do pobo galego. Para poder continuar a súa andaina a prol do pobo galego, evitando retrocesos nas conquistas sociais e procurando avances, é indispensábel que o BNG ofreza un proxecto soberanista de esquerdas anovado nas formas, inclusivo e participativo no funcionamento e con vocación de transformar a sociedade gañando a maioría social. Dificilmente se poderá facer iso sen anovar o BNG, e dificilmente se poderá facer partindo o BNG.

3. O BNG pode sentirse orgulloso dos moitos acertos con que soubo dignificar e mesmo reivindicar a existencia do pobo galego. Con todo, o BNG tamén debe recoñecer os seus erros, avalialos e rectificar cando for preciso. Labores principais, fundamentalmente da dirección política, son facerse entender pola súa base social, estabelecer un diálogo continuo entre os seus membros, manter unha interacción e comunicación fluída tanto interna como externamente e procurar maior integración, compañeirismo, colaboración interna e visibilización dun discurso integrador no que toda a base social nacionalista se sinta acollida e representada, tanto nas formas coma no fondo.

4. Finalmente, xulgamos que non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo, e a gran prexudicada sería, seriamos, a sociedade galega.

 

Por todo isto, piden o apoio para este manifesto xa que consideran que hai que “deseñar o futuro e construír espazos de convivencia e de debate”. Deste xeito, piden “responsabilidade, xenerosidade e un novo esforzo” ao conxunto do nacionalismo para conseguir que oBNG sexa unha organización nacionalista “integradora e útil para Galiza” e que se “aparten intereses de parte”.

 

“Hai que visibilizar os moitos puntos en común máis que as diferenzas, definindo un denominador común, procurando a inclusión de quen se foi afastando do proxecto nos últimos anos, apreciando a contribución de todas as persoas necesarias para a transformación social, procurando a empatía interna e cidadá, activando e facendo partícipes do proxecto ao conxunto de persoas e sectores que defenden valores comúns do nacionalismo”, conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

35 Realista

Unidade de que???, é unha parvada ver na "unidade" un éxito. Acaso o nacionalismo español (PSOE, PP e UPyD) colleitaria máis votos estando nun único partido chamado "Bloque nacionalista español" ???, de verdade credes iso??. Ollade a Cataluña ou Pais Basco, alí hai moitos partidos, e así garantizan que sempre haxa un partido do país no goberno. Aprendende, e abride os ollos!!, a ruptura da fronte, é o mellor que lle pode pasar ao nacionalismo galego e a Galiza na actualidade. O desexable é un escenario como o catalán, e así XAMAIS o iamos conseguir.

1 O Barco afunde

Esto é o que pasa por todo Galicia, baixas e máis baixas. E a cousa acaba de empezar. Cando entre menos cartos a ver como lle p http://www.elcorreogallego.es/comar... ós mantidos:

2 Riazor 1982

Citas ó País Basco, pois ben, Bildu é unha coalición entre a Esquerda Abertzale (¿equivalente á nosa UPG) e Eusko Alkartasuna (equivalente á ala dereita de +G, ou ó PNG). E Amaiur éche o mesmo xunto con Aralar (equivalente á ala esquerda de +G ou á ala morna de ApU). Citas tamén Cataluña, pois ben, CiU é unha coalición que procura abranguer todo o espectro dende o social-liberalismo (centro esquerda morno ó xeito do noso PNG) ata as dereitas conservadora (Marta Ferrusola, muller de Pujol, por exemplo, e militante de CDC) e neoliberal (Oriol Pujol, fillo da anterior, por poñer un outro exemplo sen saír da mesma familia e partido). No tocante ó nacionalismo español, pois ben, no PSOE sempre houbo dende nacionalistas cataláns (Maragall, Antoni Castells, ...) ata nacionalistas españois duros (Ibarra, Bono, ...). Síntoo, pero non tendes a máis mínima razón política prá escisión.

3 Manolo_

Coincido co Riazor 82, a argumentación de "realista" parece feita por unha máquina, por alguén que descoñece esta terra, dito sexa con todo o respecto.

4 Realista

Pois a máquina volve... Riazor 1982 fala de Bildu pero casualmente porque non falas da outra gran forza nacionalista vasca, o PNV, e porque non falas tamén de Geroa Bai. En cambio volves a citar unha parte soa; CiU, pero porque non citas a ERC?? ou a Solidaritat??. Penso que non entendiches NADA do que dixen. O nacionalismo galego non pode só ser de esquerda tradicional, ten que haber partidos de centrodereita, socialdemócratas e outros, precisamente xuntando todo o nacionalismo galego nun popurri, resta toda credibilidade. Revisa o esquema mental (PNV, Geroa Bai, Bildu) (Ciu, ERC, Solidaritat,..)

5 siohsi

hahaha "Eusko Alkartusauna equivalente á ala dereita de +G ou ó PNG". O Por Riazor 1982 é un crack da análise política. E vai ser pois que o PNV sería igual que a UCD. Por favore... Por certo, xa que tanto exemplifica con Amiur e Bildu haberá que lembrarlle que son COALICIÓNS electorais, NON como esta traca de fronte mal parida e peor organizada que temos en Galiza, onde hai tropecentos grupos a hostia limpia por controlar a organización. Nas coalicións vascas cada partido é soberano organizativamente. Eusko Alkartasuna non ten que aturar que unha UPG abertzale lle monopolice ou entorpeza os nombramentos orgánicos nin moito menos que lles impoña as teses políticas. Quen nos dera un Amaiur aquí, si, pero se cadra con EI, +G e UPG ben separadiñas organizativamente mais con altura de miras pactista, para ir da man ás eleccións.

34 Enfin

Pero si cualquiera se da cuenta de que la UPG esta acojonada, y temen quedarse solos, ya que con estes brindis al sol que hacen últimamente es que dan hasta pena.

33 Riazor 1982

Son as 12:20 do Venres 2 de marzo do ano 2012 e chámame poderosamente a atención que en Praza Pública inda non digan nada sobor deste manifesto pola unidade e maila concordia no BNG. Fique constancia diso. Por outra banda, mágoa polo de Ames e Antas de Ulla; hai que trocar axiña o BNG, cambiar o discurso e mailas formas (externas e sobre todo internas), xubilar a canto desfarrapado intelectual da UPG entorpece o espírito de irmandade que endexamais se debeu perder para que máis pronto que tarde as mesmas persoas de Ames e Antas de Ulla poidan volver estar cómodos no BNG. Algúns adicarémonos a iso, contra vento e maré, pois as forzas da sinrazón son moitas a ámbolos dous lados, mais o certo é que as forzas da razón inda son máis poderosas, só que ata o de agora non acertaron a confluír, cousa que está a cambiar, alomenos de onde son eu.

1 Biomasa na nasa

Pois para confluir deixa de atacar ós irmandiños, por que para os irmandiños vós nos sodes o inimigo, pero semella que para vós, nós sí que o somos, esa é a diferenza. Respetiño meu, respetiño...

2 Realista

Unidade de que???, é unha parvada ver na "unidade" un éxito. Acaso o nacionalismo español (PSOE, PP e UPyD) colleitaria máis votos estando nun único partido chamado "Bloque nacionalista español" ???, de verdade credes iso??. Ollade a Cataluña ou Pais Basco, alí hai moitos partidos, e así garantizan que sempre haxa un partido do país no goberno. Aprendende, e abride os ollos!!, a ruptura da fronte, é o mellor que lle pode pasar ao nacionalismo galego e a Galiza na actualidade. O desexable é un escenario como o catalán, e así XAMAIS o iamos conseguir.

3 Riazor 1982

"Biomasa na nasa": 1º) aquí non debera haber inimigos, en todo caso contrincantes ou adversarios, os inimigos son o PP e o PSOE, a UPG é o meu contrincante interno, e debo procurar en que secan os meus compañeiros fraternos con certas diferenzas solventables. 2º) Os irmandiños asumides as críticas ás vosas arroutadas inda peor que a UPG, síntoo pero así o vexo. 3º) Tendes moita razón de fondo e ningunha nas formas, síntoo novamente, pero así o creo. 4º) A arroutada-burrada de rachar o BNG cando se abría unha seria porta de esperanza, trala asemblea de Amio, cun empate técnico que non só afirmaba Beiras (¿ou xa os esquencestes?) e Aymerich, senón que se interiorizaba por grande parte de ApU/UPG, que coidan lles sirve para favorecer os cambios que eles mesmos consideraban necesarios, antes de Amio, e imprescindibles agora trala escisión.

4 Biomasa na nasa

"riazor 1982", inda estando dacordo con moitas cousa que dis, o que non podes negar é que nos últimos tempos o nacionalismo está caindo en picado, e aquí esta a clave, nin Deus reacciona, inmovilismo e se te vin nin me acordo. Nin Deus se responsabiliza?, pois hai que reaccionar, como vexo sabes cal e o fondo, pero amigo as formas de seguir así mentras nos afundimos, que queres que che diga, eu antes de afundirme, pelexo por non afogar.

5 Riazor 1982

"Biomasa na nasa", tes toda a razón, pero rachar é unha animalada de Beiras e os seus asesores aúlicos. Éramos medio BNG, e coa metade da outra metade disposta a colaborar para arranxar o BNG. De aquí ás autonómicas había tempo abondo para ver se de verdade se encetaba o camiño correcto, que evidentemente ía tardar en cristalizar. E nestas van os irmandiños e apretan o botón nuclear. É obvio que os máis deles estaban xa fora do BNG mentalmente e necesitaban unha escusa para rachar. Coñezo beiristas desolados coa escisión. Beiras, e sinto dicilo, non estivo á altura das circunstancias. Sempre foi un grande lider electoral e un pésimo dirixente interno. O ún non quita outro, e o outro non quita o ún. Esperemos que isto sirva para xubilar a Francisco Rodríguez e a Beiras. O malo son os danos colaterais, tipo Martiño, que estaba chamado a ser o sucesor de Aymerich nesta pola do BNG. E é unha mágoa. Abofé que o é.

6 Digo eu

A metade da outra metade é o BNg en moitisimos lugares.

7 Amaro

Riazor 1982, hai que informarse mellor antes de deitar lixo sobre os demais: Praza Pública informou da existencia dese manifesto onte, antes de que o fixera ningún outro medio. Aquí tes a proba http://praza.com/falase/6921/

8 Manolo_

Para Amaro: home, parece de chiste o espazo adicado en praza a dito manifesto, cando as iniciativas pro-rache do BNG reciben foto e varias columnas. Se pensas que o trato é igualitario para ambos enfoques, deberías ir á ITV para facer unha boa reglaxe dos faros.

9 Riazor 1982

Amaro, Manolo xa che contestou. É de coña. A Filipe véselle demasiado o plumero. É un claro exemplo de mesianismo. Dígocho eu, que en tempos crin nel. E por certo, era moi crítico coa política minifundista ó xeito Vida de Brian. E xa ves, perde o cu por ser Brian.

32 dominguero

Eu marcho do BNG por asco!!. Non asco ao BNG, asco dalgúns dos meus compañeiroS. Calquera opinón, e máis nunha asemblea na cal se vai a debater, merece o meu respecto. Non tolero que se "abuchee" e que se lle silve a ninguén (e dame igual que se chame Xose Manuel, Paco, Maonolo...). O BNG era a miña casa. E eu non podo vivir cunha parella que trae uns invitados (PNV,UDC,CDC...) e se lle silve. E vergoñento!!!. Eu cambio de casa!!!Non aguanto máis!!!Divorciome!!!. E facede o que queiradas na voasa casa, que eu na miña farei o que eu queira.

1 Riazor 1982

Tes moita razón. Pero non toda. Ó PNV non se lle asubiou. A CiU si. E iso está mal. Pero compre ter en conta a reforma neoliberal auspiciada e avalada por CiU. Tamén o Te Party é un movemento nacionalista, e se a algún lumbreras da dirección de BNG se lle ocorre convidalo e aparece en Amio Sarah Pallin, pois eu, que son educado e tendo a non asubiar, asubiaría. Con todo, estou de acordo que certas actitudes deberan ser desterradas definitivamente, e se non se comportan, deberían ser expulsados do BNG os que así actúan, pois fan abondo máis dano ó BNG que os tres concelleiros de CEE, por poñer un exemplo.

2 Jesus

Eu entendo que os assobios também fôrom à Executiva por tê-los convidado. Mas nom se convida ninguém para desprezá-lo. MAL, MAL, MAL.

3 Manolo_

Home, das máis de 4000 persoas que alí estabamos, por uns cantos asubíos (concordo, eu non o fixen nin me parece propio) condenar a todo o BNG, paréceme cando menos chocante. Non debían ser tantos asubiando cando, dende onde eu estaba (3ª fila) non se escoitaron.

4 anonimo

Entón estabas xordo Manolo. Eu estaba bastante mais atrás e ouvín perfectamente.

5 Manolo_

Anónimo: segundo o psicotécnico para renovar a licenza de condución,o meu ouvido está perfectamente, agradécese ou teu interese. Será que os elementos que asubiaban estarían por atras, onde adoita estar a canallada que se ampara na masa para facer o que non se atreve en primeira fila. E insisto: canta xente eran? En que porcentaxe? E por que, xa postos, tiñan que ser dunha corrente concreta, como se insinúa en tantas mensaxes?

31 xouba

carallo, si que debe andar mal a cousa no finado BNG... ... ... Tensaron tanto a corda, maltrataron tanto á xente, deturparon o proxcto, e aínda así, pensaban que todo seguiría giual??? Estes da U, pesan que todo o monte é rabaño silencioso.....e así pasou o que pasou... Olaia, vente con nós ; )

1 Lobo

No BNG, non estamos nos mellores momentos é certo pero dende logo bastante mellor dende que certos "elementos" se foron, agora podemos respirar aire, e vemos como cada dia achegase mais xente ao Frente, pèro eso non ten titulares nos medios, que xa sabemos ao servicio de quen estan. Xouba o do rebaño non é de recibo, si queres rebaño entra en EI, que ese si que é rebaño con un pastor denortado e fora de si cando olla que o seu proxecto se desinfla dia a dia. votalle una man que lle fara boa falta.

2 Tránsfugas non

Olaia, vente con nós pero tráete a acta, eh? E non é transfuguismo, é guai. E quen o cuestione é un sectario que me reprime.

3 Maruxa

Olaia é deputada eterna, ¿cantos anos leva?, ¿15 non?. Deixádea. Volver ao comercio debe ser moi duro. Hai que traballar polo país. E hai que facer méritos.

4 xouba

Pola resposta de Lobo, polo ton que desprende...Si, que debe andar mal a cousa no finado BNG. Muito desacougo, mesmo estando fóra aos que querían fora, non paran dar caña e ficar amolados, porque nos imos... Aclárate meu!! pero faino na intimidade. O BNG non é o noso inimigo, esperemos qeu sexa recíproco. Tá bom?

5 Si xoubiña

Que risa xouba, igual que o dixo o mesías o outro día: levades anos atacando ao BNg, e agora que marchades "oficialmente" e pasades a ser adversario político pedides que non se vos critique a vós. Terás reciprocidade, non te preocupes.

6 estadesaco..nados

Pois criticade canto vos dea a gana . Xa levaredes o merecido nas urnas. O electorado do 20011 non é o dos anos 80. Facede o que estmedes convinte, que cos insultos que nos largachedes dentro, non vamos esperar menos fora. Nos ao noso, que hai mais que facer que andar con insultos todo o día.