Os "independentes" do BNG apostan polo "proxecto común" do nacionalismo

Militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG asinan un manifesto de adhesión ao BNG, “unha ferramenta imprescindíbel para esta nación”, din. Lembran os "logros" que conseguiu esta formación para Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2012 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

“As persoas asinantes deste manifesto, sabedoras da utilidade e necesidade do nacionalismo para o pobo galego, interesadas no proxecto común que o BNG animou e construíu, queremos facer un chamamento sobre a necesidade de continuidade dese proceso dinámico e en constante revisión que significa o BNG do futuro, unha ferramenta imprescindíbel para esta nación en marcha que ten que centrar os seus esforzos en traballar para transformar a sociedade”. Así comeza o manifesto "tamén conosco"  que circula estes últimos días na rede e que asinan militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG entre os que se atopan Xavier Vence, Goretti Sanmartin, Luís Bará, Olalla Fernández Davila, Manuel Monge ou os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero ou Rianxo, Adolfo Muiño. 

None

 

Tras o acontecido no seo do BNG tras a asamblea nacional de xaneiro, este grupo de militantes nacionalistas fia pública unha serie de reflexións  “arredor da viabilidade do proxecto máis importante do nacionalismo galego”. Son as seguintes:

 

1. O BNG é un logro do nacionalismo galego que, ao se agrupar nunha organización política, conseguiu xuntar esforzos na defensa do dereito de autodeterminación, da democracia e dos intereses populares, dos dereitos do pobo galego, da autoorganización política e social, da solidariedade e xustiza social e do desenvolvemento socioeconómico. Aínda que queda moito camiño por andar e hai eivas claras no funcionamento interno, sen a existencia do BNG non serían posíbeis moitos dos avances acadados pola súa acción social e institucional en ámbitos como o ecoloxismo, o feminismo, os servizos sociais, a normalización lingüística, a cultura, o ensino etc. Deste xeito, para poder seguir avanzando neses ámbitos, cómpre un BNG que acolla todas as persoas con vontade transformadora. Sen un nacionalismo unido será moito máis fácil que continúe a haber graves retrocesos nestes e noutros terreos.

2. O nacionalismo galego agrupado no BNG acadou, nos seus 30 anos de historia, unha implantación territorial activa na práctica totalidade dos municipios e comarcas galegas, o que non sería posíbel sen a unión do nacionalismo. Esa implantación supuxo levar a defensa dos valores que o BNG representa ao nivel de contacto máis directo coa cidadanía no conxunto do país, no ámbito urbano e no rural, nas cidades, vilas e aldeas, algo hoxe tamén urxente para mantermos e afondarmos nos dereitos laborais, nas alternativas agrarias, na normalización da lingua, no feminismo, no ensino, na cooperación para o desenvolvemento, no ecoloxismo…, e, en definitiva, na reconstrución e autoestima do pobo galego. Para poder continuar a súa andaina a prol do pobo galego, evitando retrocesos nas conquistas sociais e procurando avances, é indispensábel que o BNG ofreza un proxecto soberanista de esquerdas anovado nas formas, inclusivo e participativo no funcionamento e con vocación de transformar a sociedade gañando a maioría social. Dificilmente se poderá facer iso sen anovar o BNG, e dificilmente se poderá facer partindo o BNG.

3. O BNG pode sentirse orgulloso dos moitos acertos con que soubo dignificar e mesmo reivindicar a existencia do pobo galego. Con todo, o BNG tamén debe recoñecer os seus erros, avalialos e rectificar cando for preciso. Labores principais, fundamentalmente da dirección política, son facerse entender pola súa base social, estabelecer un diálogo continuo entre os seus membros, manter unha interacción e comunicación fluída tanto interna como externamente e procurar maior integración, compañeirismo, colaboración interna e visibilización dun discurso integrador no que toda a base social nacionalista se sinta acollida e representada, tanto nas formas coma no fondo.

4. Finalmente, xulgamos que non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo, e a gran prexudicada sería, seriamos, a sociedade galega.

 

Por todo isto, piden o apoio para este manifesto xa que consideran que hai que “deseñar o futuro e construír espazos de convivencia e de debate”. Deste xeito, piden “responsabilidade, xenerosidade e un novo esforzo” ao conxunto do nacionalismo para conseguir que oBNG sexa unha organización nacionalista “integradora e útil para Galiza” e que se “aparten intereses de parte”.

 

“Hai que visibilizar os moitos puntos en común máis que as diferenzas, definindo un denominador común, procurando a inclusión de quen se foi afastando do proxecto nos últimos anos, apreciando a contribución de todas as persoas necesarias para a transformación social, procurando a empatía interna e cidadá, activando e facendo partícipes do proxecto ao conxunto de persoas e sectores que defenden valores comúns do nacionalismo”, conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

25 Santiago

Isto cada vez se parece máis a "The Walking dead"

1 Alegro ma non troppo

Poden asinar o que queiran "independentes" como Goretti, Evencio ou Lali. O BNG-UPG está morto e en descomposición. Hai outra esquerda fóra do BNG-UPG que está medrando e que vai ser a alternativa

24 Caluga

Mentres sigamos nas berzas do frentismo non hai nada que facer.

1 agulac

pois marcha que ninguen te obriga a quedar. mira que problema...

2 Xoán

Tranquilo que xa marchamos!!. Aí quedades compañeiros!!Abur

23 Non adscrtito

Boto en falta a Roberto Mera, o rei dos independentes.

1 Xardín de Xulia

Debeuno levar Quintana para Brasil xunto con Barcia o ex Delegado Provincial de Industria na Coruña

2 anonimo

Ali onde estean os ex de Industria............

3 Antidisturbs

Xa está ben, Anónimo. A ver se nos enteiramos dunha vez que houbo e hai intereses espurios diversos e cálculos de poder alleos ao proxecto político que impediton a explicación e publicitación de actuacións máis que dignas desa consellaría que nomeas. Por outro lado, abonda de inxurias e calumnias por parte de quen só sabe odiar. Pobriño, que pena me dás.

22 María de Cambre

Queridos compañeir@s do manifesto. O BNG morreu en Amio, esa é a triste realidade, outra cousa é que o queirades ver ou non. Polo tanto, un pode estar abrazado a un cadavre un tempo....pero non demasiado porque acaba morrendo tamén. Eu fun a asemblea de Amio militando nunha fronte politica, plurar e con máis ou menos problemas, e saín de Amio militando nun partido comunista encuberto e sen a miña autorización. Alí quedamos fóra do BNG a metade da organización, e unha grande parte ficou desilusionada. Agora estes chamamentos chegan tarde....a non ser que estes firmantes si teñan máis importancia que cando os alcaldes falaban antes da asemblea, daquela eran traidores, deleias e querian privilexios....Unha mágoa, pero isto acabou.

1 comento

Boa apreciacións María. Sobran palabras. Eu tamén son independente do BNG, aínda que teño practicamente os dous pés fóra. QUen se une ao meu manifesto de mellor fóra nun novo proxecto común?

2 comento

Boa apreciacións María. Sobran palabras. Eu tamén son independente do BNG, aínda que teño practicamente os dous pés fóra. QUen se une ao meu manifesto de mellor fóra nun novo proxecto común?

3 Pepe de Vigo

Independentes de que/quen?.....Coincido contigo María, fomos a Amio nunha fronte e saimos de Amio militando nun partido comunista....E claro, as militancias escolleas un mesmo e non se poden impoñer pola metade máis un. Eu tamén son independente e xa dei orde de non pagar a miña cota ao BNG, supoño que por iso aínda tardarán en contabilizarme como baixa, pero desta maniera hai centos de baixas.

4 independentesdeque.

Os insultos e descalificacións de Amio (e antes de Amio), reconvertíronse agora en advertencias catástrofistas, do que vai a ser de nos e tamén de recordarnos os valiososs¡ que somos e do moito que nos necesitan para as súas "apariencias". Que será de nos sen eles??? Grandes guias que nos teñen que iluminar e tutelar. O deste "manifesto" millor nen comentalo..... Socorro, Bará, Olalla.......Independentes??????? Tiveronnos moito tempo por tontos, pero pensarán que somos tan parvos?

5 Poissi

Pois si María.Totalmente dacordo contigo. Isto acabou, mais non o dan aceptado.

21 Abraiado

Penoso. O que hai que ver.... A desesperación que teñen antes da asemblea de +Galiza é evidente. Nunca puden imaxinar que chegarían a un abaixo asinado. Vivir para ver! Cantas mais cousas destas fagades mais ganas dan de escapar daí.