Os "independentes" do BNG apostan polo "proxecto común" do nacionalismo

Militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG asinan un manifesto de adhesión ao BNG, “unha ferramenta imprescindíbel para esta nación”, din. Lembran os "logros" que conseguiu esta formación para Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2012 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

“As persoas asinantes deste manifesto, sabedoras da utilidade e necesidade do nacionalismo para o pobo galego, interesadas no proxecto común que o BNG animou e construíu, queremos facer un chamamento sobre a necesidade de continuidade dese proceso dinámico e en constante revisión que significa o BNG do futuro, unha ferramenta imprescindíbel para esta nación en marcha que ten que centrar os seus esforzos en traballar para transformar a sociedade”. Así comeza o manifesto "tamén conosco"  que circula estes últimos días na rede e que asinan militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG entre os que se atopan Xavier Vence, Goretti Sanmartin, Luís Bará, Olalla Fernández Davila, Manuel Monge ou os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero ou Rianxo, Adolfo Muiño. 

None

 

Tras o acontecido no seo do BNG tras a asamblea nacional de xaneiro, este grupo de militantes nacionalistas fia pública unha serie de reflexións  “arredor da viabilidade do proxecto máis importante do nacionalismo galego”. Son as seguintes:

 

1. O BNG é un logro do nacionalismo galego que, ao se agrupar nunha organización política, conseguiu xuntar esforzos na defensa do dereito de autodeterminación, da democracia e dos intereses populares, dos dereitos do pobo galego, da autoorganización política e social, da solidariedade e xustiza social e do desenvolvemento socioeconómico. Aínda que queda moito camiño por andar e hai eivas claras no funcionamento interno, sen a existencia do BNG non serían posíbeis moitos dos avances acadados pola súa acción social e institucional en ámbitos como o ecoloxismo, o feminismo, os servizos sociais, a normalización lingüística, a cultura, o ensino etc. Deste xeito, para poder seguir avanzando neses ámbitos, cómpre un BNG que acolla todas as persoas con vontade transformadora. Sen un nacionalismo unido será moito máis fácil que continúe a haber graves retrocesos nestes e noutros terreos.

2. O nacionalismo galego agrupado no BNG acadou, nos seus 30 anos de historia, unha implantación territorial activa na práctica totalidade dos municipios e comarcas galegas, o que non sería posíbel sen a unión do nacionalismo. Esa implantación supuxo levar a defensa dos valores que o BNG representa ao nivel de contacto máis directo coa cidadanía no conxunto do país, no ámbito urbano e no rural, nas cidades, vilas e aldeas, algo hoxe tamén urxente para mantermos e afondarmos nos dereitos laborais, nas alternativas agrarias, na normalización da lingua, no feminismo, no ensino, na cooperación para o desenvolvemento, no ecoloxismo…, e, en definitiva, na reconstrución e autoestima do pobo galego. Para poder continuar a súa andaina a prol do pobo galego, evitando retrocesos nas conquistas sociais e procurando avances, é indispensábel que o BNG ofreza un proxecto soberanista de esquerdas anovado nas formas, inclusivo e participativo no funcionamento e con vocación de transformar a sociedade gañando a maioría social. Dificilmente se poderá facer iso sen anovar o BNG, e dificilmente se poderá facer partindo o BNG.

3. O BNG pode sentirse orgulloso dos moitos acertos con que soubo dignificar e mesmo reivindicar a existencia do pobo galego. Con todo, o BNG tamén debe recoñecer os seus erros, avalialos e rectificar cando for preciso. Labores principais, fundamentalmente da dirección política, son facerse entender pola súa base social, estabelecer un diálogo continuo entre os seus membros, manter unha interacción e comunicación fluída tanto interna como externamente e procurar maior integración, compañeirismo, colaboración interna e visibilización dun discurso integrador no que toda a base social nacionalista se sinta acollida e representada, tanto nas formas coma no fondo.

4. Finalmente, xulgamos que non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo, e a gran prexudicada sería, seriamos, a sociedade galega.

 

Por todo isto, piden o apoio para este manifesto xa que consideran que hai que “deseñar o futuro e construír espazos de convivencia e de debate”. Deste xeito, piden “responsabilidade, xenerosidade e un novo esforzo” ao conxunto do nacionalismo para conseguir que oBNG sexa unha organización nacionalista “integradora e útil para Galiza” e que se “aparten intereses de parte”.

 

“Hai que visibilizar os moitos puntos en común máis que as diferenzas, definindo un denominador común, procurando a inclusión de quen se foi afastando do proxecto nos últimos anos, apreciando a contribución de todas as persoas necesarias para a transformación social, procurando a empatía interna e cidadá, activando e facendo partícipes do proxecto ao conxunto de persoas e sectores que defenden valores comúns do nacionalismo”, conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

15 Brian

U-dependentes non, grazas

14 Bruar

O que se discute neste 2012 non é ese deseño, senón as eivas o e distanciamento coa cidadanía mostradas palmariamente na continuada baixada de apoios. Na actualidade é ven claro que hai duas tendencias, unha formada por APU que acentua ese control e outra por militantes que xa non acreditan nesa forma de actuar. O manifesto dos independentes afonda que é posible unha convivencia, unha continuidade de acción nese contexto, mentras outra parte do compo militante xa non acredita e prefire unha nova fórmula política nacionalista fóra do acubillo da UPG unha nova fronte ampla sin o control da organización política maoista. Tempos de incerteza, pero sen dúbida, non volverá a ser o que foi e cada un ten que tomar posición e loitar por ela. Iso é o que se ve.

1 independenciaeracognac

Si, posiblemente. Na miña opinión tirouse pola borda durante anos a forza de moita xente que rematou desencantada, unha orgaización política que queira servir ao pais non debe nunca ser un forno de ilusións e é o que estamos a viver, os forofos dun ou doutro bando dirán mais atinadamente ou con mais ou menos fineza o que pensan ou tamén irán diretamente ao insulto ou ao desprestixio, pero a realidade de fondo de todas as opinións que vexo, repito, e unha falta de autoridade na direción política do nacionalismo. Realmente non se traballa no medio da sociedade só se presume de ser dunha minoria elexida e descolonizada que se sinte ben pretendendo estar por riba dunha povoación atrasada, non, isto é inoperante ou operante pero negativamente.

13 9djs

O bng perdeu 100.000 votos nos ultimos anos, pero é que o PP provocou a perda de 100.000 postos de traballo desque chegou Feijoo a Xunta. Agora toca deixar as leas internas e prepararse pra gobernar outra vez, e aprendendo dos erros do pasado. Iso é o qe hai, e o demáis son frikis de internet.

1 independenciaeracognac

Facer ese tipo de comparacións reflexa o desprezo pola situación económica da povoación. Os votos non son o mais importante nin se pode poñer como simple cebo en funcion dos votos a perda de postos de traballo. O importante e o que está abandoado e o esforzo por dirixir a organización do povo e subir o seu nivel de conciencia política como mesmo povo, o demais ven dado e en consonancia co traballo feito. Non hai autoridade nin traballo sinceiro de base, claro.

2 Ai ai ai

O 80% da xente que accede a internet son frikis, o 20% que desbota este tipo de medios, entre os que se atopa o Papa negro que comanda a UPG somos as vangardas de Galiza e por elo merecemos un respecto. ¡Firmes!

12 Aurélio

Encánta-me. Os INDEPENDENTES nom som ninguém no Bloco. Representan-se a sí mesmos individualmente. O Bloco é uma trampa: numa FRENTE de PARTIDOS nom tenhem sentido as/os independentes, sacando para serem tropa de trabalho. Mas, em fim, Quém é independente no BNG? Dicede nomes?

1 independenciaeracognac

Non hai autoridade moral para manter un tinglado como foi o BNPG ou e o BNG para cumprir as necesidades da UPG.Neste medio uns con mellores formas e outros con peores cuestionase precisamente a falta de autoridade, e estando ou non dacordo co que se di e como se di a min non me cabe dúbida que o que ese autoritarismo que se critica non é mais que falta de autoridade precisamente. Foron tempos os dos tinglados a medida con "correntes orgaizadas" e "independentes" acríticos

11 Black Crow

Es increíble, la UPG sigue don erre que erre empeñada en esconder su verdadero programa político. Ahora nos sale con estos "independientes" .. sí, sí ... independienets como el Aymerich ¿No? ... ese que se pasa las noches en vela cuando Pacuchi le hace ojitos.

1 dominguero

Aymerich???... A ese home pasoulle algo... que decepción!! De Santi podiamo esperar... Aí vos quedades!!. Que vos preste!!