Os "independentes" do BNG apostan polo "proxecto común" do nacionalismo

Militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG asinan un manifesto de adhesión ao BNG, “unha ferramenta imprescindíbel para esta nación”, din. Lembran os "logros" que conseguiu esta formación para Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/03/2012 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

“As persoas asinantes deste manifesto, sabedoras da utilidade e necesidade do nacionalismo para o pobo galego, interesadas no proxecto común que o BNG animou e construíu, queremos facer un chamamento sobre a necesidade de continuidade dese proceso dinámico e en constante revisión que significa o BNG do futuro, unha ferramenta imprescindíbel para esta nación en marcha que ten que centrar os seus esforzos en traballar para transformar a sociedade”. Así comeza o manifesto "tamén conosco"  que circula estes últimos días na rede e que asinan militantes independentes e outros próximos a +G, MGS e á UPG entre os que se atopan Xavier Vence, Goretti Sanmartin, Luís Bará, Olalla Fernández Davila, Manuel Monge ou os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero ou Rianxo, Adolfo Muiño. 

None

 

Tras o acontecido no seo do BNG tras a asamblea nacional de xaneiro, este grupo de militantes nacionalistas fia pública unha serie de reflexións  “arredor da viabilidade do proxecto máis importante do nacionalismo galego”. Son as seguintes:

 

1. O BNG é un logro do nacionalismo galego que, ao se agrupar nunha organización política, conseguiu xuntar esforzos na defensa do dereito de autodeterminación, da democracia e dos intereses populares, dos dereitos do pobo galego, da autoorganización política e social, da solidariedade e xustiza social e do desenvolvemento socioeconómico. Aínda que queda moito camiño por andar e hai eivas claras no funcionamento interno, sen a existencia do BNG non serían posíbeis moitos dos avances acadados pola súa acción social e institucional en ámbitos como o ecoloxismo, o feminismo, os servizos sociais, a normalización lingüística, a cultura, o ensino etc. Deste xeito, para poder seguir avanzando neses ámbitos, cómpre un BNG que acolla todas as persoas con vontade transformadora. Sen un nacionalismo unido será moito máis fácil que continúe a haber graves retrocesos nestes e noutros terreos.

2. O nacionalismo galego agrupado no BNG acadou, nos seus 30 anos de historia, unha implantación territorial activa na práctica totalidade dos municipios e comarcas galegas, o que non sería posíbel sen a unión do nacionalismo. Esa implantación supuxo levar a defensa dos valores que o BNG representa ao nivel de contacto máis directo coa cidadanía no conxunto do país, no ámbito urbano e no rural, nas cidades, vilas e aldeas, algo hoxe tamén urxente para mantermos e afondarmos nos dereitos laborais, nas alternativas agrarias, na normalización da lingua, no feminismo, no ensino, na cooperación para o desenvolvemento, no ecoloxismo…, e, en definitiva, na reconstrución e autoestima do pobo galego. Para poder continuar a súa andaina a prol do pobo galego, evitando retrocesos nas conquistas sociais e procurando avances, é indispensábel que o BNG ofreza un proxecto soberanista de esquerdas anovado nas formas, inclusivo e participativo no funcionamento e con vocación de transformar a sociedade gañando a maioría social. Dificilmente se poderá facer iso sen anovar o BNG, e dificilmente se poderá facer partindo o BNG.

3. O BNG pode sentirse orgulloso dos moitos acertos con que soubo dignificar e mesmo reivindicar a existencia do pobo galego. Con todo, o BNG tamén debe recoñecer os seus erros, avalialos e rectificar cando for preciso. Labores principais, fundamentalmente da dirección política, son facerse entender pola súa base social, estabelecer un diálogo continuo entre os seus membros, manter unha interacción e comunicación fluída tanto interna como externamente e procurar maior integración, compañeirismo, colaboración interna e visibilización dun discurso integrador no que toda a base social nacionalista se sinta acollida e representada, tanto nas formas coma no fondo.

4. Finalmente, xulgamos que non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo, e a gran prexudicada sería, seriamos, a sociedade galega.

 

Por todo isto, piden o apoio para este manifesto xa que consideran que hai que “deseñar o futuro e construír espazos de convivencia e de debate”. Deste xeito, piden “responsabilidade, xenerosidade e un novo esforzo” ao conxunto do nacionalismo para conseguir que oBNG sexa unha organización nacionalista “integradora e útil para Galiza” e que se “aparten intereses de parte”.

 

“Hai que visibilizar os moitos puntos en común máis que as diferenzas, definindo un denominador común, procurando a inclusión de quen se foi afastando do proxecto nos últimos anos, apreciando a contribución de todas as persoas necesarias para a transformación social, procurando a empatía interna e cidadá, activando e facendo partícipes do proxecto ao conxunto de persoas e sectores que defenden valores comúns do nacionalismo”, conclúen. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 115 comentarios

5 Bazarra da U

Eu tamén son do BNG. Viñome ben para meu bandullo.

1 Antón Calviño

Ti non eres do BNG, senón un troll dos moitos que por aquí pasean co obxectivo de danar este país e deixa-lo sen futuro. Volve a ornear á cova de onde saiche. Adiante co BNG!

2 muros-noia

Cando se aclare todo o da operación Campeón hai que dignificar a Bazarra, unha das persoas máis preparadas que coñecín no nacionalismo galego. Soamente tiña un problema xa que non tiña traballo fixo ao saír da consellería. Pásalle a calquera.

3 Realista

Ese "viñome" (será albariño?) denota inmediatamente que; 1) ou non falas ou non podes falar galego habitualmente, ou 2) utilizas un traductor nefasto.

4 hguy

Para que separarse agora? Se o desastroso goberno de Feijoo está a caer e pode haber novo bipartito en breve.

1 fartiño

Claro, como os nosos foron exemplares no último bipartito... recunquemos!!! que vai haber postiños para repartir. Recórdoche que esta mañán ainda foi declarar como imputado o noso querido Bazarra, e temos un conselleiro "dos nosos" na mesma situación.

2 Pois non te queda que aturar

Non sen dúbida os do bipartito non foron exemplares, pero temén se dúbida o escaso tempo do goberno Feijóo, os fixo exemplares.

3 Brais

Para que un bipartito se parte do BNG gobernante non aceptou ese goberno e renegou dende o primeiro minuto? Se non queren gobernar, e a UPG non quere gobernar este país, comigo que non conten.

4 bricat

Calquera momento será malo, canto antes se faga antes se dixerirá o trauma, é necesario e inevitavel, e xa se perdeu demasiado tempo. A victoria do PP está asegurada, incluso incrementando escanos, xa que o estado terminal do bloque e do PSOE fan imposivel unha alternativa, a próxima noite electoral vai volver ser triste. Non podemos seguir perdendo mais tempo neste inmovilismo, en Amio xa se demostrou que o BNG non ten capacidade de rexeneración, é unha forza forza irrecuperavel e amortizada, canto antes comecemos unha nova etapa mellor.

3 informador

Información: Xabier Vence é catedrático de economía aplicada. Moitísima xente que milita no BNG ten unha profesión. Non vaia ser que de tanta mentira pensemos que a xente do BNG son todos liberados. Xa está ben! Adiante BNG e adiante nacionalismo unido electoralmente!

1 fartiño

Co de "traballar para o aparato" non me refiro a unha relación laboral, como debería de entenderse por alguén mínimamente informado. Refírome a traballar políticamente. Pero se ti o colleches literal alá ti.

2 abur

Eu estiven en amio e non me sentín, en absoluto, aplastado. Perder por... canto? 300 votos? de 8000 afiliados, non é ser aplastado, é un estímulo para seguir a traballar dentro da organización.

3 Bricat

Si abur si, pero ao final ides perder todas as votacións 8 contra 7, unha detrás da outra. As listas electorais serán as que impoñan os 8 sen que os 7 poidades facer nada etc etc. Ao final perdendo por 300 vai ter os mesmos resultados que perder por 4000. Este é o tradicional espíritu plurar e integrador que estes independentes defenden e que teredes que seguir aturando de por vida coa escusa de que o nacionalismo non se rompa e bla bla bla.

2 fartiño

"Tamén connosco secuestrados" Estes son os independentes-dependentes. Xente que traballa para o "aparato" como o propio Vence, promotor do texto. Falan de "anovar o BNG" os mesmos que nos aplastaron e insultaron hai un mes... Estes sacan agora esto, a 10 días da Asemblea de +Galiza, a ver se poden evitar o afundimento do que lles dá de comer moitos deles. Despois de todo o que leva pasado, (tamén connosco?) xa habería que ser masoquista...

1 anton

"independientes" OK Que mal vai a acabar o nacionalismo galego.