Recuperan da auga o cadáver dun submarinista preto do faro de Estaca de Bares

Unha persoa que acompañaba ao mergullador púxose en contacto ao redor do cinco da tarde deste sábado co servizo de emerxencias do 112 Galicia para alertar de que o seu compañeiro estaba en paradoiro descoñecido desde o once da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou do mar o corpo sen vida dun submarinista, preto do faro de Estaca de Bares, na localidade coruñesa de Mañón. Unha persoa que acompañaba ao mergullador púxose en contacto ao redor do cinco da tarde deste sábado co servizo de emerxencias do 112 Galicia para alertar de que o seu compañeiro estaba en paradoiro descoñecido desde o once da mañá.

O 112 requiriu a intervención de Salvamento Marítimo, Garda Civil, Gardacostas de Galicia, Protección Civil de Mañón e o 061-Urxencias Sanitarias. Desde Salvamento Marítimo enviouse á zona á Salvamar Shaula, pero minutos antes de chegar o mesmo informante comunicou que localizara ao submarinista e subiuno á superficie, aínda que xa estaba falecido.

Ao chegar ao lugar, o corpo foi rescatado pola Salvamar Shaula que o trasladou ao porto próximo de Cariño. Desde o 112 informouse o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar atención psicolóxica aos familiares do falecido.

Estaca de Bares
Estaca de Bares | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta