Por Europa Press / Redacción | LUGO | 03/07/2019 | Actualizada ás 10:17
A Garda Civil busca ao empresario Lisardo López, que permanece desaparecido desde a mañá deste martes no termo municipal de Sarria (Lugo).
Segundo informaron fontes do operativo a Europa Press, o home falta desde as 10,00 horas deste martes despois de acudir á súa empresa, situada na zona de Vilapedre, da que saíu "pola porta de atrás".
Este martes axentes da Policía Local, xunto coa Garda Civil, que coordina o operativo, e Protección Civil realizaron batidas pola zona próxima á empresa para buscar ao desaparecido, que "se foi a pé".
Así mesmo, os efectivos despregados consultaron na Estación de Autobuses e de tren, así como a taxistas, pero "non hai ningún tipo de rexistro" en relación con este home, apuntaron fontes do operativo. Este mércores o Instituto Armado, que mantén aberto o operativo, prosegue a procura do home desaparecido na zona do municipio de Sarria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.