Edgewater busca vía rápida para macromina de ouro a ceo aberto

Os canadenses presumen de "apoio" da Xunta "a todos os niveis" e piden ao Goberno adiantar os trámites. Os ecoloxistas alertan que se crearán "tres instalacións contendo produto químico extremadamente tóxico para o home e a fauna" en Corcoesto, na Costa da Morte.

Por Walter Burns | Cabana de Bergantiños | 07/03/2012 | Actualizada ás 07:30

Comparte esta noticia

Aproximadamente 770 campos de fútbol. Este é o tamaño da mina de ouro a ceo aberto  que a compañía canadiana Edgewater Exploration Ltd. segue a tramitar diante da Xunta. GC desvelou a existencia da concesión na Costa da Morte por 90 anos en 2010.

None

Na busca da declaración de "proxecto estratéxico"

Edgewater acaba de anunciar que solicitou ao Goberno Galego que declare a mina de Corcoesto "proxecto estratéxico". Segundo recoñece a propia compañía, "se se concede este status, o trámite da mina pode ser máis rápido en diferentes niveles, incluído o de lograr o permiso de minería".

De feito, os canadianos informan que xa remitiron o Estudo de Impacto Ambiental a San Caetano o 9 de febreiro. Coma nos parques eólicos, o habitual é que os donos das minas paguen e fagan as avaliacións de impacto na natureza, que despois revisa a Administración.

Os ecoloxistas din que afecta á Rede Natura, a empresa négao

A mina de Corcoesto conta coa oposición dos ecoloxistas. Por exemplo, a Sociedade Galega de Historia Natural solicitoulle á Xunta que avalíe en detalle o impacto da mina nos "Lugares de Interese Comunitario existentes na zona (LIC ES1110015 Río Anllóns) e as súas inmediacións (LIC ES1110005 Costa da Morte; ZEPA ES0000176 Costa da Morte)". A explotación ocupa terreos de tres municipios, os concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso.

Outro grupo ecoloxista, Verdegaia, xa alertou que a mina "está planeada sobre a zona protexida Natura 2000 do LIC do río Anllóns". A compañía reaccionou inmediatamente e dixo que "lamenta a falla de rigorosidade das críticas efectuadas  por Verdegaia, baseadas nun documento de inicio que non recolle as características finais da mina". En definitiva, Edgewater nega que a súa explotación afecte a terreos protexidos da Rede Natura.

"Moi satisfeito co apoio e o progreso que estamos a recibir do Goberno Galego"

O que é seguro é que o grupo norteamericano aspira a un trámite veloz dos permisos ambientais mediante a declaración de "Proxecto Estratéxico". De feito o seu presidente, George Salamis, mostrase "moi satisfeito co apoio e o progreso que estamos a recibir do Goberno Galego, a todos os niveis".

Salamis non se corta á hora de falar de como estas xestións poden adiantar os permisos. "Baseándonos na nosa experiencia en España, adiantamos que recibiremos o permiso de explotación na segunda metade de 2012. Incluso antes, se a mina recibe o status de 'proxecto estratéxico' ", presume.

Os ecoloxistas non o teñen tan claro. Así, a SGHN alegou que a mina xeraría até 20 millóns de metros cúbicos de residúos, dos cales só unha parte serán reutilizados como áridos.

"Produto químico extremadamente tóxico para o home e a fauna"

Tamén teñen reservas sobre a agresividade dos produtos necesarios para extraer o ouro. Así, os ecoloxistas advirten que Edgewater vai estar "Empregando unha solución fortemente alcalina (pH 10,5) de cianuro sódico para separar o ouro das rochas extraidas e trituradas, sexa mediante lixiviación dinámica en tanques axitados ou mediante lixiviación en pilas. De empregarse esta última estarian a ceo aberto tres instalacións contendo dito produto químico extremadamente tóxico para o home e a fauna: a pila de rochas trituradas e as dúas balsas mineiras".

None

Edgewater Exploration Ltd. é unha compañía canadense especializada na compra e explotación de antigas minas de ouro que cotiza na bolsa de Toronto. Os seus dous maiores proxectos están en Ghana e Corcoesto.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

5 e1u

colonialismo puro e duro! enseguida porase a maquinaria propagandistica dos ppodres a traballar para defender o proxecto

4 el buen aborigen

caralludo, solthsifarmer nas rias , endesa nos montes e aghora estes nas chairas... si senor, a costa da morte-bergantiños veñan a enriquecerse a conta de todos nos e logo despois arranquen e lavense as mans con calquer prioblema tipo anazcollar ( lembrades ) , o de sempre e de decote, os de aqui solo servimos para convertirnos por un lado na reserva india de galicia , ca... eso non se pode tocar ou modificar, que non podemos permitir que esto sexa marbella e logo baisada de pantallons diante da multinacional ca leria do progreso e os cartiños por aqui ainda nos lembramos da superempresa galega coma nos PESCANOVA. ah, e dos postos de traballo a esgalla falamos delo outro dia e dos seus convenios recambiables egundo a comenencia da empresa, españa galicia, galicia españa a libre disposicion

3 Gaditano en Galiza

Una vez mas enhorabuena por el periodismo que hacéis en este portal. Llevo pocos años en Galicia pero sois lectura obligada desde hace tiempo, por mi parte contribuyo con lo que puedo por paypal. Vivo cerca de esa zona, en Carballo, el otro día fuí hasta las antiguas minas, y lo que pretenden es una burrada cuyas consecuencias negativas pagaremos una vez mas entre todos. Como los desfalscos de los bancos, las ayudas a los pescadores sin recursos por la contaminación ... Alguien tiene que denunciar y parar todo esto.

2 unhadeponteceso

Acusan a Verdegaia de falta de rigor, pero non hai máis q ver os planos da mina para ver q o río Anllóns pasa por dentro do terreo de explotación na súa zona norte. Agora poden coller e cambiar os planos, pero...a onde van botar as augas residuais? Xa, o máis gordo a unha balsa, pero o resto, no propio documento de inicio di q en caso de necesidade irá aos cauces da zona. É dicir: ao río Anllóns. E de onde van sacar a auga precisa para a explotación, q non é pouca? Vana traer embotellada dende Canadá? Non, vana sacar do río Anllóns. Así q si, señores de Edgewater, o seu proxecto si afecta a rede natura. Cajendiola, e van acabar cargándose a desembocadura do Anllóns... Vendemos o noso por un plato de lentellas!

1 Antón

Voltan os tempos de Montefurado, haberá que ir pensando na resistencia de Monte Medulio.

1 Resistir para quen?

Espera a ver como o pobo galego lhe da outra maioría absolutísima ós que venden a riqueza desta terra a cambio da criación de postos na hostelería (con contrato temporal) para os paletos galegos. Logo me dis se hai que ir ao Medulio ou tirarse ao mar cós petos cheos de pedras, porque para o que nos queda…