Detida por roubarlle o móbil a unha persoa que llo deixou para facer unha chamada urxente

A vítima tivo que ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). O informe médico determinou "policontusións e tres puntos de sutura na boca", concreta a Policía.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/07/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a unha moza como presunta autora dun delito de roubo con violencia ocorrido en vía pública na zona centro de Ourense tras subtraer un teléfono móbil a unha persoa que llo deixou para facer unha chamada urxente.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos sucederon o pasado 9 de xuño. Unha persoa denunciou que ese día ás 6,15 horas,, mentres se atopaba nun local de lecer da zona centro de Ourense, se lle achegou unha moza que lle pediu facer unha chamada de teléfono urxente e, cando lle deixou o terminal, saíu correndo.

Por iso, o denunciante seguiuna ata que a alcanzou na vía pública, conseguindo recuperar o teléfono para seguidamente recibir "un forte golpe nas costas que a fai caer ao chan e varias persoas danlle patadas, sobre todo, na zona da cabeza, arrincándolle de novo o terminal da man", relatan as mesmas fontes.

A vítima, como consecuencia das lesións, tivo que ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). O informe médico determinou "policontusións e tres puntos de sutura na boca", concreta a Policía.

Axentes do Grupo de UDEV que realizaban labores de investigación para o esclarecemento do feito delituoso recibiron unha nova denuncia na que o día 16 de xuño unha moza denunciou o furto do seu teléfono móbil, polo que chegaron á conclusión que era a mesma do roubo con violencia de días anteriores.

Na mañá deste xoves 4 de xullo policías procederon á súa localización e detención, tras o que foi trasladada a dependencias policiais para continuar coas xestións. A detida é unha moza de 19 natural de Ourense, á que non lle constan antecedentes anteriores. Quedou en liberdade tras pasar a disposición xudicial.

Imaxe de arquivo dun teléfono móbil
Imaxe de arquivo dun teléfono móbil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta