Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 18:47
A Ruta de Autocaravanas Yakart arrancará este luns na Coruña coa participación de 52 vehículos, procedentes de 19 provincias diferentes, nunha ruta de 632 quilómetros que pasará polo catro provincias galegas. Un total de 13 autocaravanas proceden de Barcelona mentres que de Alacante, a segunda provincia con máis representación, chegarán seis.
O luns os participantes chegarán á cidade coruñesa e reuniranse pola noite no Aquarium Finisterrae. A continuación, o martes iniciarán unha expedición na que realizarán paradas en Viveiro, Lugo, Cartelle, Cambados e Santiago.
O 95% dos participantes proceden de fóra de Galicia, de todas as comunidades autónomas, e na súa maioría contan con idades entre os 55 e os 79 anos. En España creceu este tipo de turismo nos últimos anos aínda que se sitúa aínda na 16% fronte ao 40% de países como Alemaña. O presidente do Caravaning Club Yakart, Antonio Jul, asegurou que o "obxectivo é atraer xente a Galicia e potenciar este tipo de turismo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.