Denunciados cinco locais de hostalaría no sur de Pontevedra por "irregularidades" no rexistro de clientes

Algúns establecementos carecían de libro-rexistro e outros non comunicaran a entrada de hóspedes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Garda Civil, no marco dos servizos que desenvolve para a prevención da seguridade cidadá, propuxo para sanción aos responsables de cinco establecementos de hostalaría, situados no sur da provincia de Pontevedra, por supostas "irregularidades" na xestión documental dos viaxeiros que se aloxan nestes locais.

Segundo informou o Instituto Armado, a actuación realizouse o pasado fin de semana cando os efectivos do Posto da Garda Civil da Guarda detectaron que varios establecementos de hostalaría da súa demarcación territorial "poderían non estar a cumprir a normativa que regula os libros-rexistro de viaxeiros, o enchemento dos partes de entrada e a comunicación dos datos ás dependencias policiais".

"A Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá, determina que esta comunicación, que pode realizarse de forma presencial ou telemática, ten que facerse inexcusablemente en menos de 24 horas, desde a entrada do hóspede ao aloxamento", lembra a Benemérita.

Por iso, realizaron inspeccións en varios establecementos de hostalaría nos municipios de Oia, O Rosal e A Guarda e detectáronse irregularidades en cinco deles.

INFRACCIÓNS

Nuns casos, concretan as mesmas fontes, foi "por non comunicar as altas ou facelo fóra de prazo", noutros por non rexistrar a todos os hóspedes e algúns deles, "mesmo carecían do preceptivo libro-rexistro", abundaron as mesmas fontes.

As infraccións observadas foron comunicadas á Subdelegación do Goberno da provincia, que é o órgano encargado de instruír e resolver, no seu caso, os correspondentes expedientes sancionadores.

Mercado.
Mercado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta