O xurado popular declara "culpable por unanimidade" ao acusado de matar á súa muller no Carballiño

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/07/2019 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O xurado popular do caso da morte da muller no Carballiño en xaneiro de 2017 declarou, por unanimidade, culpable ao acusado, J. A., por un delito de homicidio.

Tres sesións despois de que se constituíse o xurado para xulgar ao home acusado pola morte da súa muller no Carballiño, os nove membros que compuxeron o tribunal popular leron este mércores a súa resolución na Audiencia Provincial de Ourense.

"Culpable por unanimidade", sentenciaron. O xurado tamén se mostrou non favorable á petición do indulto por unanimidade

Xuízo en Ourense contra acusado de matar á súa muller no Carballiño.
Xuízo en Ourense contra acusado de matar á súa muller no Carballiño. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta