Os socialistas lanzan un vídeo para denunciar "as mentiras de Fejióo" sobre a sanidade pública

Aseguran que Galicia é a terceira comunidade con "menos médicos por habitante".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia lanzou este xoves un vídeo a través do que denuncia as "mentiras" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a sanidade pública galega. En concreto, os socialistas aseguran que a galega é a terceira comunidade con "menos médicos por habitante". "Un de cada catro traballadores do Sergas ten un contrato precario", engaden.

O PSdeG denuncia as 'mentiras' de Feijóo sobre a sanidade.
O PSdeG denuncia as 'mentiras' de Feijóo sobre a sanidade.

Así mesmo, apunta que Galicia é unha das autonomías con "máis espera" para acudir ao especialista e acusa a Feijóo de deixar de ofertar 150 prazas MIR".

"Galicia ten hoxe 1.250 profesionais menos en Atención Primaria que hai dez anos", di o PSdeG, que avisa de que nos centros de saúde "faltan pediatras, médicos de familia, fisioterapeutas, matronas e enfermeiras", mentres "Feijóo dedícase ás súas promesas baleiras".

"E agora fala da hospitalización a domicilio pensando na súa campaña. Non máis mentiras", reclama o PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta