Temas: PORTOS MAR

A nova presidenta de Portos de Galicia promete "máximo compromiso" co sector marítimo-pesqueiro

Susana Lenguas toma posesión do cargo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, prometeu este luns, durante a súa toma de posesión, que terá "máximo compromiso con Galicia, co seu sector marítimo-pesqueiro e coa Administración autonómica".

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, preside a toma de posesión da nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, preside a toma de posesión da nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas | Fonte: Europa Press

A recentemente nomeada presidenta desta institución dixo, durante un acto presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, que supón un "novo reto" e mostrou a súa satisfacción por poder "sumar neste equipo de traballo ao servizo de Galicia".

Susana Lenguas tamén tivo palabras para agradecer o traballo do seu antecesor, José Juan Durán, "que deixa unha base e un listón moi alto", segundo as súas palabras.

Ademais, trasladou a súa dispoñibilidade e vontade de diálogo e colaboración con todos os axentes implicados na actividade portuaria, especialmente pesqueira, marisqueira e acuícola, "co reto e empeño de que os portos sexan un elemento facilitador da súa vida diaria".

Pola súa banda, Rosa Quintana agradeceu a José Juan Durán o seu labor durante os case oito últimos anos á fronte de Portos e valorou que Lenguas asumise "sen dubidalo" o "reto" de sumarse ao proxecto da Consellería do Mar.

Temas: PORTOS MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta