Denuncian que a UCI Coronaria do Hospital de Ourense "ten buracos no chan"

CC.OO. alerta do "desastroso estado" no que se atopa esta unidade hospitalaria. Pola súa banda, O Sergas aclara que esta "deficiencia" no chan non supón ningún risco para a saúde dos pacientes ingresados na unidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A sección sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) Sanidade da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, Verín e O Barco solicitou a intervención da Inspección de Traballo "ante o estado desastroso no que se atopa o chan da UCI Coronaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)".

Segundo informou o sindicato no seu escrito presentado ante a Inspección de Traballo, "desde hai xa moitos meses, a Unidade de Coidados Intensivos Coronarios ten buracos no chan", unha situación que implica "riscos para a saúde dos pacientes e traballadores debido á maior posibilidade de aparición dalgún foco infeccioso derivado das deficiencias existentes".

CC.OO. indicou que acode agora a Inspección de Traballo despois de que previamente o delegado de Prevención de Riscos xa alertasen dúas veces ante o Comité de Saúde Laboral do CHUO sobre as "deficiencias existentes", sinalando o "risco de accidente de traballo" sen que por parte da xestión do hospital "se puxeran solucións nin datas para as reparacións".

"Ante a situación de risco evidente que consideramos existe na UCI Coronaria do CHUO, e ante a ausencia de actuacións da xerencia respecto diso, decidimos ir un paso máis aló presentando o oportuno informe ante a Inspección de Traballo para que actúe. Non podemos seguir pondo en risco os traballos e usuarios deste servizo", afirmou.

Hospital de Ourense
Hospital de Ourense

SERGAS NEGA PERIGOSIDADE

Pola súa banda, o Sergas aclarou que, como xa estaba previsto e acordado na última reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Hospital Universitario de Ourense "procederase, nun curto espazo de tempo, á realización das obras de reforma"  no treito do chan da Unidade de Coronarias que presenta na actualidade deficiencias.

"O inicio desta reparación prevese que coincida co período estival que é o de menor índice de ocupación nesta unidade e, no caso que fose necesario, procederíase á reubicación dalgún paciente na área contigua da Unidade de Coidados Intensivos ou de críticos", suliña.

Ademais, aclara que esta "deficiencia" no chan  non supón ningún risco para a saúde dos pacientes ingresados na unidade. "O risco é controlado para os traballadores que transitan pola unidade na mentres no se proceda á reparación do tramo afectado", destaca. incidencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 biodramina

NON saben o que din os malditos comunistas!!!! señores non ha ningún buraco senon uns poucos baches no acceso a uci de coronarias, non en polivalentes 1-2, pero como non vai haber baches si e a chamada uci "baltar" que procede do nai, conven informarse ben informado! antes que caer nos manexos da comunista (vieiras-iu-podremios-mareado-mellorados-comunecios e demais faramalla mesturada)