Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 18:43
O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinaron este mércores senllos convenios de colaboración polos cales a Xunta financiará actuacións de mellora en Cásaa-Museo de Rosalía de Castro e programas de difusión.
O primeiro dos acordos, por valor de 40.000 euros, suporá o acondicionamento dos pavimentos dos xardíns exteriores aos edificios da Fundación e de Casa-Museo Rosalía de Castro para preservalos e que as actividades da Fundación e as visitas á Casa de Rosalía poidan desenvolverse "nas mellores circunstancias posibles".
O segundo deles, por valor de 25.000 euros, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, permitirá á Fundación levar adiante un programa de actuacións orientadas a coñecer "con rigor intelectual" a figura, a produción e publicacións da autora e continuar cos labores de recompilación da súa obra para completar a biblioteca e o arquivo rosaliano.
Aproveitando este acto, Román Rodríguez plantou unha camelia na Huerta de Rosalía, que alberga valiosos exemplares de especies botánicas de todo o mundo, entre elas a árbore de Gernika.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.