Artigos de Fermín Paz

A globalización é unha estafa mundial

"Non deberíamos navegar sen timón pero na globalización esquecémolo. Deixamonos levar só pola forza do mercado e a tecnoloxía mais a conciencia política, non estivo neste proceso". Pepe Mujica

Debater

Cando escoitamos a verba discutir, relacionámola axiña con pelexar ou impor unha opinión sobre outra. Na discusión, a maioría das veces, non se fai un troco de ideas, abonda con tratar de impoñer a nosa "verdade" mais sen ningunha necesidade da argumentación. Debater e tratar entre dúas o máis persoas unha temática concreta facendo unha análise xunto a unha exposición das ideas que cada quen defende, e as posíbeis conclusións ou solucións.

Que vivan Os Pinabetos!!

Fai algún tempo, a agrupación de colectivos musicais Ruada de As Pontes propuxo, por unanimidade, adicar unha homenaxe Os Pinabetos no festival central de Santa Icía. Estivemos en dito acto os compoñentes daquela aventura musical : Cal, Santi, Fonsi, Pichi , mais eu, Fermin .

E logo, que facer?

Remato de releer o artigo de Xose M. Beiras publicado no xornal Nós como manifesto particular. Concordo que compre facer autocritica mais tamén deberamos facer algunha proposta para tentar sair da encrucillada que temos enrriba das costas e para a que o parecer non temos unha alternativa doada.

A masacre de Ucraína

O mesmo Paul Valéry, dixo: "A guerra é unha masacre entre xentes que non se coñecen, para proveito de xentes que si se coñecen pero que non se masacran".

Seguir sachando

Son un traballador xubilado (pasivo disque) que no seu momento, alá por 1974, fun contratado por Endesa. Nacín no 1951 e algo fun aprendendo, no tempo que me tocou vivir, das contradicións que suceden no marco das chamadas relacións laborais.

Monedero, ou a esquerda sen luces de posición

Volvo coas miñas teimas. Monedero debería estar no novo Consello de Ministros aínda que non tivese carteira. Con que puxera o chaleco nos actos oficiais a “esquerda dos de abaixo” sentiriase representada nun goberno que precisa de mais forza. Entrou nas nosas vidas con ese aceno de identidade propia, agora toca aceptalo tal e como é. A quen non lle vaian a súas maneiras e ideoloxía que aprenda das ensinanzas que nos deixou o Raxoi “ debemos de respetar los usos y costumbres de los demas”. Paréceme que en pouco tempo, o seu xeito de ser e de estar na política é un contributo tribal pero cunha pegada que deixará pouso . Polo menos no meu subconsciente xa ten un lugar con dereitos adquiridos.

Espazos políticos

No último artigo remataba dicindo que dificilmente os atallos servirán para chegar a onde se di que se quere chegar e que a moción de censura había que entendela en clave dunha perspectiva electoral e non de cambio real. Despois de coñecer a estrutura do novo Consello de ministros do Goberno Español e do nomeamento dos titulares por parte do Presidente Sánchez, non teño dúbidas diso. O goberno monocolor e os 84 votos de apoio no parlamento, cos que conta de partida o PSOE, mostran que o camiño que se pretende percorrer é unha falacia.
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.