Artigos de Juan Carlos Piñeiro

Artigo 4.3 do EAG

Os poderes públicos da Comunidade Autónoma asumen, como un dos principios rectores da súa política social e económica, o dereito dos galegos a viviren e traballaren na propia terra. Isto é o que di o artigo 4.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Pregúntome eu logo, por que Feijoo non cumpre a lei? Quen non ten un amigo ou familiar fora de Galicia porque na propia terra non tiña posibilidades de emprego? a min non me chegan os dedos das mans para numeralos.

Imos morrer todos

Como din, cando está de saír mal, sae mal e punto. Así están pensando esta semana en Génova 13 e tamén en outros cuarteles xerais de outras cores.

Xogando dopados

É un feito que a sociedade castiga a dopaxe entre os deportistas e que condena no fondo esta práctica enganosa e tramposa, aínda que non como se merece. Pero non deixa de resultar paradóxico que os que máis pagan esa práctica non son os galardoados con trampa, non son os Froome, Contador, Ben Johnson... son aqueles deportistas que quedaron á porta da clasificación ou mesmo os que quedan cuartos, quintos ...

Mundo escuro

Esta semana o mundo é algo máis escuro, algo máis pobre e tamén algo máis covarde. Un facho da humanidade apagouse, finou Stephen Hawking e con el morreu unha estrela. Finou tamén parte do entendemento do que somos e do que podemos chegar a ser. Que a terra lle sexa leve.

Folga

Podédesme crer que a folga non lle gusta a ninguén, sei ben do que falo. Ós empresarios e empresarias, por suposto non lles gusta, e aseguro que tampouco lles gusta ós traballadores e traballadoras.

Pero que modernos e que europeos, oes

Asistimos a unha nova e máis moderna entrega da doma e castración, disfrazada de modernidade e de igualdade de oportunidades.

Existencialismo pero non saudade

A existencia precede á esencia, esta é a máxima do existencialismo como corrente filosófica, para Ramón Piñeiro tiña moito que ver coa saudade. Eu non quero falar do existencialismo filosófico senón da necesidade de existir.

E ti, de quen ves sendo?

Lembro moi ben cando paseaba por Lieiro e me atopaba con calquera persoa maior e sempre, sempre preguntaban: e Ti, de quen ves sendo? Podían preguntalo ata 5 veces no mesmo día. Non amolaba, incluso era normalmente o inicio dun interrogatorio con moitas voltas.