Artigos de Xesús Veiga

Feijóo aposta pola repetición electoral

Na política, como noutras actividades humanas, é preciso coñecer ben a realidade para deseñar plans de actuación que servan para efectivizar as propostas dirixidas á sociedade.

O primeiro grande fracaso de Núñez Feijóo

Como xa teño afirmado nesta páxina, os resultados das urnas do pasado día 23 podían xerar dous grandes escenarios parlamentares: unha maioría absoluta de escanos de PP e Vox ou unha eventual suma aritmética daquelas formacións políticas que non querían conformar -por diversas razóns- acordos de gobernabilidade coa dereita e a extrema dereita.

O dilema do 23 de xullo

Nestes días previos á cita electoral do 23 de Xullo, a case totalidade das análises recoñecen a transcendencia dos seus resultados na configuración da futura gobernabilidade do Estado español. O dilema está servido: ou a maioría parlamentaria da última lexislatura renova a súa hexemonía nas urnas ou asistiremos a unha importante involución política da man dun acordo entre o PP e Vox.

A gobernabilidade dos concellos galegos despois do 28M

O proceso de conformación dos gobernos municipais galegos, a partir dos resultados rexistrados o pasado 28-M, deparou dúas circunstancias merecentes dalgunhas reflexións mais demoradas: o pacto subscrito entre o PP e Pérez Jácome e os acordos de gobernabilidade entre PSdG e BNG.

Retorno do bipartidismo?

Dende o pasado 28 de Maio, unha pantasma percorre o escenario político do Estado español: o retorno do bipartidismo. Que verosimilitude ten semellante hipótese? E, no seu caso, cal sería a dimensión real dese eventual cambio?

Do 28M ao 23X pouco tempo para reflexionar

O adianto das elección xerais ao 23 de Xullo vai imposibilitar, na práctica, unha reflexión demorada no seo das forzas políticas que concorreron nos comicios do pasado domingo, singularmente naquelas que obtiveron uns resultados inferiores ás expectativas que se tiñan xerado previamente.

Converter o 28M nunhas primarias das xerais

Dende o 2011 veñen coincidindo, no mesmo ano, a celebración das eleccións locais -e aos Parlamentos dalgunhas Comunidades Autónomas- e dos comicios xerais. Esta circunstancia -alterada parcialmente no 2019, cando a cita coas urnas ás Cortes do Estado foi anterior á convocatoria municipal aínda que a posterior repetición no outono dese ano ratificou a tradicional precedencia- ten provocado unha tendencia á conversión das eleccións locais e autonómicas nunhas primarias das xerais.

A pregunta incomoda

Nas vindeiras semanas, Manuel Baltar pode acadar a condición xurídico-administrativa de delincuente por transgredir as normas previstas no Código de Circulación.