Artigos de Xesús Veiga

O regreso das balanzas fiscais

As balanzas fiscais retornan ao primeiro plano da actualidade política.En realidade nunca abandonaron o amplo escenario das polémicas relativas ao financiamento das CC.AA. por mais que só no ano 2008, durante o goberno de Zapatero, foron publicadas oficialmente polos organismos dependentes da Administración do Estado.E, por suposto, sempre estiveron presentes nos debates e contrastes propios do mundo académico.

A destrución do Publico

O coñecemento da case totalidade do sumario aberto no chamado caso Pokemon está provocando diversos comentarios sobre as actuacións desenvolvidas por distintos representantes políticos e directivos empresariais.Non existe, en troques, a mesma intensidade analítica sobre dúas cuestións relevantes vinculadas a este episodio:o papel das empresas privadas que prestan servizos públicos en réxime de concesión e o comportamento de certos funcionarios da administración local.

A espiral da desconfianza

A eliminación parcial do segredo do sumario da chamada operación Pokemon, confirma a existencia de indicios relevantes de condutas delitivas e coloca no primeiro plano da política galega a coñecida cuestión da pertinencia da dimisión de todos aqueles cargos institucionais que aparecen involucrados nas actuacións investigadas.

Sintonizar coa extrema dereita

Os indicios acumúlanse nas últimas semanas:proxecto de lei para desnaturalizar o dereito ao aborto; elaboración dunha normativa para restrinxir o dereito de manifestación; máxima dureza e inmobilismo no tratamento das novas situacións políticas creadas en Euskadi e Catalunya.

A conxelación da política

Os manuais que utilizan habitualmente aqueles partidos políticos que posúen maior influencia electoral establecen un criterio valorativo de relevancia indiscutíbel:esas organizacións existen para resolver os problemas que afectan ao corpo social.Aí radica a presunta superioridade argumental que exhiben ante os demais:eles pretenden ser útiles e non propoñen fórmulas ou alternativas utópicas.

A pantasma do bipartito

Unha pantasma percorre os despachos de San Caetano.A pesar do tempo transcorrido, o goberno bipartito (PSdG-BNG) segue presente nos labirintos do poder galego.Só así cabe entender o recurso argumental que, periodicamente, exhibe Núñez Feijoo nas súas intervencións parlamentares.

Ceferino

Pasou case un ano dende a desaparición física de Ceferino Díaz. A concesión, a título póstumo, da Medalla de Ouro de Galiza é unha merecida lembranza institucional que pode contribuír ao medre do coñecemento público da historia da transición política vivida na segunda metade da década dos setenta do pasado século.

Feijóo e as carencias da oposición

Seguindo a mesma lóxica que se practica habitualmente no mundo dos negocios, Núñez Feijoo pretendía patrimonializar os beneficios do poder que ocupa e socializar coa oposición –singularmente co PSdG- as perdas asociadas ao labor que desempeña.