Que pensariamos de alguén que, para analizar as características dun filme denso e prolongado, proxéctase, exclusivamente, o contido e a forma dun fotograma particular do mesmo? O normal sería considerar que esa valoración é sumaria e/ou superficial. Necesitariamos visualizar todo o relato filmográfico para estar en condicións de emitir unha opinión suficientemente ampla e profunda.