Artigos de Xesús Veiga

As pegadas do 15M

Hai agora dez anos, aparecía  o chamado “movemento 15-M”.Cando xurdiron aquelas manifestacións e acampadas protagonizadas por milleiros de persoas –cunha porcentaxe moi maioritaria de mozos e mozas- no mes de Maio de 2011, rexistráronse reaccións diverxentes na opinión pública e na publicada. Houbo, sen dúbida, simpatía expresa ou tácita en moitos sectores sociais que padecían unha dupla frustración: a derivada das penalidades asociadas ao impacto da crise económica nas súas condicións de vida e a que suscitaba o papel dos gobernantes –que, no caso do goberno do Estado, pertencían a un partido político que se autoidentificaba no universo da esquerda- na xestión da desfeita económica.

A vitoria de Ayuso

As eleccións celebradas, o día 4,  na Comunidade de Madrid completaban o catalogo de citas coas urnas  rexistrado no período de pandemia. Nos casos de Galiza, Euskadi e Cataluña a convocatoria derivaba da caducidade -explícita ou tácita- das respectivas lexislaturas parlamentares. Sabíase da notábel complicación que xeraban as circunstancias sanitarias no desenvolvemento da campaña e na propia realización dos comicios. Houbo, mesmo, discusión entre as forzas políticas concernidas a respecto da pertinencia das datas establecidas debido á persistencia dunhas cifras de contaxio que causaban unha lóxica preocupación.

A coartada de Feijóo

Na conmemoración da ratificación legal do actual Estatuto de Autonomía, Alberto Núñez Feijóo e o seu partido reiteraron a coartada xustificativa que veñen utilizando, durante a última década, para incumprir a inicial promesa formulada na campaña electoral do ano 2009 relativa a unha presunta  iniciativa de reforma estatutaria: a situación política xerada en Catalunya a partir do recurso de inconstitucionalidade presentado polo PP de Rajoy contra o novo Estatuto aprobado en referendo polo corpo electoral catalán.

Reaxustes no mapa político estatal

Todos os indicios apuntan a que, nun futuro relativamente próximo, o partido “Ciudadanos” desaparecerá do escenario político ou ficará nunha posición irrelevante. A esta altura, resulta pertinente lembrar algúns aspectos do seu nacemento e posterior medre e, tamén, suscitar algunhas interrogantes sobre as consecuencias derivadas desa previsíbel hipótese.

Un ano de pandemia

Estase cumprindo, agora, un ano dende o comezo da pandemia sanitaria. Pouco tempo se consideramos a perspectiva dos prazos que se computan nas mudanzas que se rexistran na historia. Moito tempo, poren, se manexamos as referencias psicolóxicas das persoas que atravesamos esta ruta incerta que nos deparou o destino.

o 23F visto dende a equerda

Ter vivido, hai 40 anos, dende a primeira liña do activismo político, o intento de golpe de Estado do 23-F proporciona a satisfacción de coñecer directamente unha das experiencias mais relevantes rexistradas no ámbito do Estado español despois da morte de Franco. Ao mesmo tempo, provoca a frustración de comprobar que o paso do tempo non posibilita o desexado coñecemento de todos os materiais que fican arquivados na carpeta dos “segredos de Estado”.

Buscar unha saída para o labirinto catalán

Un dos aspectos mais salientábeis dos comicios ao Parlament de Cataluña do pasado día 14 foi a elevada cifra de abstención rexistrada (a maior porcentaxe da serie histórica deste tipo de convocatorias: a respecto da anterior, celebrada no mes de decembro de 2017, deixaron de votar un millón e medio de persoas).

As vacinas no centro das polémicas

As vacinas contra o coronavirus convertéronse nunha sorte de chave mestra que serve para alimentar a esperanza do control da enfermidade nun prazo de tempo razoábel e, simultaneamente, abren a porta a un futuro económico menos incerto do que agora domina nos estados maiores de empresas, gobernos e organismos especializados. A lóxica transcendencia que se lle asignou a estes fármacos preventivos permitiu visualizar, con maior amplitude, algúns dos comportamentos que habitan no seo do noso corpo social.