Artigos de Xesús Veiga

A desconxelación da comisión sobre as caixas

Unha das primeira medidas adoptadas no inicio da nova lexislatura do Parlamento galego é a creación dunha Comisión parlamentaria sobre as Caixas galegas.En realidade, estamos ante a “desconxelación” da que xa funcionara durante a lexislatura anterior.O PPdG decidiu activala despois de ter paralizado arbitrariamente a súa actividade.

A morte dun símbolo

A morte de Fidel Castro colocou a Cuba, mais unha vez, nun lugar sobranceiro da atención mediática mundial.

Novas lexislaturas

A práctica coincidencia temporal entre os procesos de investidura de Rajoy e Feijoo permite constatar as semellanzas e diferenzas que se rexistraron entre ambos casos.

O futuro inmediato do PSdeG

Na xunta do Comité Federal do PSOE na que se acordou, por maioría, permitir a investidura de Mariano Rajoy falaron diversos dirixentes deste partido, entre eles Abel Caballero.Grazas ás filtracións publicadas nos medios do grupo PRISA, sabemos que o alcalde de Vigo formulou unha tese espectacular:a posición do “non é non” defendida por Pedro Sánchez foi a causa determinante do triunfo de Núñez Feijoo nas eleccións do pasado 25 de Setembro.

A campaña mediatica

Afirmar que a vitoria nunha confrontación electoral é debida, primordialmente, ao comportamento dos medios de comunicación é unha simplificación que debe ser abandonada nas análises posteriores ao peche das urnas.Pero descoñecer a importancia dese factor na conformación da opinión do electorado é un despropósito que descualifica a quen o practica.

A resaca do "affaire" Soria

Aos que pensabamos que a política realmente existente xa non era quen de proporcionar sorpresas relevantes, o “affaire” Soria demostrou que aínda é posíbel vivir novidades chamativas.Certamente, non me atopaba entre os que acreditan nunha súpeta conversión “paulina “ de Rajoy por mor do seu recente acordo con Albert Rivera.

A escolla do 25 de setembro

A pesar das datas nas que andamos, a campaña electoral xa ten acadado unha notábel velocidade.E a liña argumental prioritaria de Núñez Feijoo está resultando ben visíbel:atacar as eivas que presentan as forzas da oposición e ofrecer un rutineiro continuísmo gobernamental para os vindeiros anos.

Quen vai gañando a batalla mediática?

O responsábel de organización do PSOE, César Luena, botou man dunha coñecida metáfora histórica para culpabilizar a Rajoy do estancamento da situación política e afirmou que o presidente en funcións pretendía dispor das mesmas facilidades que posuía Felipe II cando xogaba ao billar.O erro cometido por Luena –confundir a Felipe II con Fernando VII- é revelador do caos dominante na equipa dirixente que preside Pedro Sánchez.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.