Artigos de Xesús Veiga

O BNG ante o reto da súa refundación

Os chamados “contrafactuais” están sendo moi utilizados en determinados ámbitos mediáticos.Certamente, constitúe un exercicio intelectual estimulante imaxinar qué tería ocorrido se a historia, persoal ou colectiva, tivera seguido unha traxectoria diferente á que, finalmente, se rexistrou.

Analistas desacougados

Un dos efectos colaterais provocados polos resultados do pasado 20 de Decembro está localizado no universo dos analistas que desenvolven o seu labor nos principais medios de comunicación.Do mesmo xeito que os dirixentes dos partidos tradicionais –nomeadamente PP e PSOE- tiveron que buscar mecanismos de reciclaxe mental para enfrontar a nova situación derivada das urnas, a meirande parte dos referidos comentaristas padeceron un singular “jet lag” político do que aínda non se recuperaron.

Os cambios do 20D

Despois da cita electoral do 20-D xa sabemos a dimensión concreta dos cambios rexistrados no mapa político estatal.Se nos comicios do ano 2011, o PP e o PSOE sumaron o 73% dos votantes daquel momento, agora os dous partidos só acadaron o 50%.

O fracaso da ruptura soñada

Cando se cumpren 40 anos daquel 20 de Novembro de 1975 caben varias alternativas analíticas para celebrar esa redonda cifra conmemorativa.Poden realizarse novas aportacións ao catálogo de análises históricas do período que naceu coa sublevación militar encabezada por Franco no ano 1936.Caben, tamén, aproximacións singulares que combinen as experiencias persoais coas inevitábeis referenciais ao cadro político-social vixente na España franquista.

X.M. Baltar: O ultimo test para o PP

O asunto Baltar é o último test coñecido para medir a solvencia democrática do PP.A sobreactuación retórica que está utilizando Mariano Rajoy no conflito catalán desaparece cando os valores e as consideracións éticas deben ser aplicadas ao virrei ourensán.

O desacougo do PPdeG

Núñez Feijoo vai acometer o derradeiro debate parlamentario sobre o estado da nación con síntomas evidentes dun desacougo crecente.

Os días de Feijóo

Alberto Núñez Feijoo leva mais de 2000 días como máximo responsábel executivo do goberno galego.A pesar do balance mediocre que pode presentar despois dun período temporal tan prolongado –e quen desexe comprobalo, polo miúdo, pode consultar os DOG dos seis últimos anos-, non dubida en formular fortes descualificacións da xestión dos 100 primeiros días dos gobernos municipais presididos pola oposición, sobre todo daqueles que dirixen as cidades de Santiago, A Coruña e Ferrol.

Outono electoral no sur de Europa

O día 20 en Grecia. O 27 en Catalunya.E o 4 de Outubro en Portugal.Nas vindeiras tres semanas van ter lugar citas electorais moi relevantes no sur de Europa.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.