Artigos de Manuel H. Iglesias

Soamente unha visión: a económica

Hai uns días alguén dixo que chegaba ó poder unha tecnocasta. E pode que teña moita razón, pois maiormente, os que rodean o ególatra e narcisista Trump son soamente xente con negocios en grandes plataformas de comunicación que amasan moreas de millóns en beneficios.

Aumentar o espazo vital

“A memoria colectiva e moi fráxil, e como sociedade caemos no erro de non transmitirlle ás novas xeracións a historia e os erros que como sociedade cometemos no noso pasado.”

Venezuela

Aínda que ningún pais de peso no mundo americano o recoñeza, o ditador Maduro tomou posesión do cargo de presidente da república facendo un alarde de control da situación neste pais americano. Polo que os membros da oposición gañadores das eleccións atópanse nunha situación de certa indefensión, pois o sucesor de Chavez non deixa de encadear á xente que é disidente, e aspira a manter as súas pretensións totalitarios de gobernar ate levar ó pais á ruína total.

Outro ano máis

Como se fose unha noria, ano tras ano, repíntense datas, festas, costumes e discursos. O mundo xira e nós case sen decatarnos seguimos a súa estela pra non quedarmos descolgados. Por eso poñemos luces e nas reunións familiares e sociais hai boas verbas e desexos.

Atados á utopía

Vivir tendo como referente unha utopía pode ter certo sentido nalgúns casos. As utopías serven pra traballar por unha meta lonxana. Mais sendo certo, cando a utopía non ten visos de ser realidade, e dende esa posición ideolóxica se quere servir a unha sociedade diversa e moi complexa, a discusión esta servida, pois esa meta utópica ten poucos visos de ter éxito.

Ourense e a enerxía eléctrica

Sempre pensei e defendín que que os habitante dun lugar, neste caso comunidade autónoma ou provincia, por aportaren certos recursos naturais e soportaren certas servidumes, asístelles o dereito de percibir, ou de que se invistan polo menos nese lugar parte dos beneficios que as empresas quitan da súa terra. Ben sei que, en aras de non sei que política, non sempre é así. E esa é a realidade de Galicia e dentro dela a deste Ourense como gran produtor de enerxía eléctrica.

O insulto no canto do argumento

Nos tempos que corren semella que os narcisos e ególatras con un punto de tolemia son os que acceden o poder e que, unxidos maiormente polos votos dos cidadáns, están a levar ó planeta a unha situación case prebélica.

A xudicialización da política

Unha cantiga de Sabina co nome de Ruido chámame a atención pois pode explicar moito do que acontece na vida política do noso Estado. Dende hai un tempo, e sobor de todo nos últimos días, Feijoo e os seus loitan contra o goberno facendo moito ruído, e empregando a xustiza como única arma pra facer oposición. Polo que o balbordo instalouse nas nosas vidas xunto ás trolas e o mangoneo das noticias. E todo pra enlamar máis o escenario e deteriorar a nosa maltreita democracia. Si tomamos ó pe da letra o que dixo o portavoz Tellado, o seu partido fará todo o posibel e empregará todas as súas forzas para botar a este goberno que é o mais malo que temos dende a transición.