Artigos de Manuel H. Iglesias

Moita enerxía sen rentabilidade

Hai uns días o xornal La Region afirmaba que esta provincia xenera catro veces máis enexía derivada do vento e a auga que a capital do reino. Nesa información tamén aparecía a comparanza do consumo dalgunhas provincias co de Madrid. E os datos publicados son moi clarificadores. Pois segundo esa información somos a segunda provincia que máis enerxía producimos de todo o Estado.

Metamorfose ideolóxica

A evolución ideolóxica dos seres humanos ás veces resulta chocante e tamén contaditoria. Dende o nacemento da Constitución ós nosos días, moitas das persoas que pasaron pola politica sufriron unha mutación ideolóxica que resultou un tanto esperpéntica. Polo que, ollamos con frecuencia casos de cargos políticos que deron bandazos que, a día de hoxe, parecen de loucura.

Política boa e política mala

Cando estamos a sete ou oito meses da convocatoria de eleccións xerais, e cunha moción de censura sin futuro ás portas, parece un momento acaído pra falar do resultado do primeiro gobermo de coalición da época democrática, e tamén do que se entende por política boa e mala.

De revolucionarios a ditadores

Hai novas que chaman moito a atención. E unha delas é a que se refire ós 222 disidentes políticos presos en Nicaragua pois, segundo din os informativos, son liberados e convertidos en apátridas e acollidos por un temo por Estados Unidos. O coloso do norte parece ter interés en negociar co país centroamericano e salvarlle a cara ó tirano Daniel Ortega, igual que aconteceu no franquismo con España traendo as bases americanas e impedindo que os gañadores da segunda guerra mundial derribaran a ditadura do Caudillo.

Pregoeiro e mitineiro?

Houbo un tempo que o pregoeiro dunhas festas sempre era unha persoa con certo chaché cultural e que era convidado pola comisión organizadora, pois a súa presenza dábañlle lustro e animación ó evento festivo. Mais os tempos mudan e todo vai trocando áinda que, moitas veces, non sexa pra mellor.

Os trovadores do século XX

Horacio Guarany (1925-2017) músico arxentino escribiu e cantou: “Si se calla el cantor calla la vida, porque la vida, la vida misma es todo un canto. Si se calla el cantor muere el espanto, la esperanza, la luz y la alegría...”

A tradición non xustifica todo

Como si fora un mantra, parece que a tradición vale pra xustificar actitudes machistas e sexistas como as que aconteceron no coléxio madrileño onde se forman ós que están chamados a seren persoas con grandes cargos no Estado.

Os que pasan á historia

Os acontecementos sobor da guerra derivada da invación de Ucrania tráenme á memoria os tempos da escola. E lémbranme cando se falaba de que tal rei ou xefe de estado fora moi bo, pois conquistara tal ou cual pais e fixera máis grande ó seu imperio. Dos demais, daqueles outros que non fixeran guerras e non conquistaran ren, non se falaba. Non tiñan categoría, pois non anexionaran ningún pais ou nación, polo que sempre eran esquecidos.