Artigos de Manuel H. Iglesias

Coidado: chove odio

En democrácia nunca chove a gusto de todos. Esa é unha das características desta forma de vivir en sociedade. A vida política sempre tivo diferntes ideoloxías e como consecuencia deso distintas recetas e puntos de vista e, polo tanto, sempre hai moitas maneiras pra solucionar o día a día nas sociedades onde existe esta maneira de gobernar. O malo é cando, na vida política, entran persoas ruíns, mequñas e intransixentes.

Era visto !!!

O título pode semellar un chiste por ser o dun programa retranqueiro que durante un tempo emitiu a TVG. Mais o tema non vai das andanzas dos personaxes que lles deron vida á esa serie. O tema é outro, e aínda que se tome con certa retranca, ten moita enxúndia e aféctanos a todos os que formamos a sociedade desta provincia e cidade ida a menos.

A historia roubada

Hai uns días uns reporteiros da tele, saíron á rúa na capital do reino e preguntáballe á xente si sabían ou coñecían a determinados persoeiros que foran ministros e presidentes no tempo da 2ª república.

Os vetos na política

Á actividade política como acción necesaria para o bo goberno das sociedades, asignáronselle sempre ditos, frases e incluso refráns que sinalan a complexidade das solucións e acordos que hai que tomar cando se goberna. A nosa sociedade é moi diversa e si os electores son os que teñen a palabra, aos electos tócalle interpretalos e tomar decisións.

Xogando con lume

Hai quen estando no goberno, que é un órgano colexiado, xoga a ser oposición animando e incitando co silencio protestas na rúa. O obxectivo é apuntarse vitorias a costa de radicalizar a sociedade.

Os novos ricos foxen para Andorra

O aspirantes a novos ricos son rapaces que descoñecen o esforzo que as xeracións dos seu avós e pais fixeron para erguer esa España onde o atraso e a miseria campaba as súas anchas foxen para Andorra.

A fraxilidade da democracia

Escoitando á entrevista que lle fíxeron o ex-presidente Obama, quedeime cunha frase que viña a dicir máis ou menos o seguinte: coas novas tecnoloxías e as redes sociais hai que, dalgunha maneira, sen coartar o dereito de expresión, regularizar ou selecionar moito os contidos que circulan por ises medios; pois, cando as medias verdades e mentiras se repiten teimosamente, chegan a parecer verdades absolutas. E iso sempre engana á xente e vai contra á democracia.

Un ano de pandemia

O ano pasado por estas datas comezábase a escoitar nos informativos que, nunha cidade china, un médico descubrira un virus que era mortal.