Pregoeiro e mitineiro?

Houbo un tempo que o pregoeiro dunhas festas sempre era unha persoa con certo chaché cultural e que era convidado pola comisión organizadora, pois a súa presenza dábañlle lustro e animación ó evento festivo. Mais os tempos mudan e todo vai trocando áinda que, moitas veces, non sexa pra mellor.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 19/12/2022

Comparte esta noticia
A nosa sociedade evoluciona e non sempre cara feitos positivos. Estamos no tempo dos populismos electorais e, como lle escoitei a un mandatario do que non quero lembrar o seu nome, o que se promete é unha cousa e o que se fai outra ben distinta. Ou sexa: prometemos o ouro e o mouro, e logo faise o que lle convén, ó suxeto de turno,  e sempre en nome dos cidadáns.
 
Eu fago o que quere a xente, repite con teimeza  o que así actúa. Mais no fondo o que buscan istes persoeiros é unicamente manterse no poder dilapidando os cartos públicos  sen pudor nin vergoña ningunha.
 
Por tal motivo, como o importante é dilapidar os ocartos publicos,  pois búscase  a un cidadán que se preste e,  naquel barrio omde nunca houbo unha festas tradicionais,  móntase  unha. Quen a paga?   Pois o Concello cos cartos de todos, a cambio de que o alcalde faga un pregon que ven a ser un mitin propaganda louvando o  seu bo facer.
 
Esto é o que acontece moi perto de nós. O obxectivo é darse un baño  de admiración coa  xente nova que, inconsciente  dos obxectivos, apalude a unha persoa que ten moita labia e que pretende convencernos de que todo na vida é esmorga e pasalo ben. O demais,  os problemas,  non teñen importancia. E, polo tanto, pra el é  como se non existiran.
 
Ourense, especialmente a cidade, está a escribir unha páxina escura e triste da súa historia. Está a vivir un tempo  de menosprezo da intelixencia que está sendo sustituída pola ocurrencia, polo  disparate e o ninguneo institucional. O desleixo do queé público non é  importante.   Mentres  promocionase o divertimento chocalleiro como  única arma electoral.
Os cartos públicos investidos en trangalladas e a urbe camiña sen proxecto nin saber cara onde se vai dentro do  conxuto  das cidades galegas. 
 
O descredito  invadiu a institución municipal.  Quen é o culpable?  Pois os culpables somos todos en certa medida. Uns por menoprezar o poder de convicción dun engreido predicador de solucións drásticas e máxicas,  e tamen   de  non sermos  conscientes do que se viñña enriba; e outros por apoiar e crer milongas cheas de fantasía, ou se o prefiren,  contos baratos.. Logo quedan os terceiros que, por manter a cadeira da Deputación, pactaron con quen axiña os arredou do goberno do concello pra ter as mans libres e agora facer o que lle peta en nome dunha cidadanía anestesiada; cidadanía  que mira pra unha luces horteras, como se non vira nada semellante no mundo. En fin, na historia desta cidade quedará plamado que temos un alcalde mitineiro  que empregas os pregóns como escusa nas  festas inventadas para mocedade por pura  comenencia electoral. E todo baixo a excusa de que  eu fago o que quere a cidadanía. E a  cidadanía un tanto noqueada asiste impavida a un triste espectáculo.   Polo que sen pudor e medo a enganarme digo: Ourense  dame pena.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com