Moita enerxía sen rentabilidade

Hai uns días o xornal La Region afirmaba que esta provincia xenera catro veces máis enexía derivada do vento e a auga que a capital do reino. Nesa información tamén aparecía a comparanza do consumo dalgunhas provincias co de Madrid. E os datos publicados son moi clarificadores. Pois segundo esa información somos a segunda provincia que máis enerxía producimos de todo o Estado.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 27/03/2023

Comparte esta noticia
 
Esta noticia tróuxome á memoria  o que  con frecuencia lle escoito a algúns  políticos. Ben sei  que  son ditos interesados que agochan  unha visión moi centralista e patrimonial do Estado. Pois veñen a dicir que somos unha provincia probe e que, polo tanto,  está subsidiada. Ou sexa somos deficitarios e grazas ó papel do pai estado vivimos. 
 
Esta afirmación de parte fíxome lembrar que,  en España o réxime das autonomías nado da actual constitución, plantexou unha descentralización política e administrativa pra, entre outras cousas, mellorar o desenvolvemento dos diferentes  territorios. E creo que en algo favoreceu ás comunidades. Mais o réxime das autonomías  non permitiu a descentralización económica, mantendo as  excepcions de Euskadi e Navarra.  Pois,  calquera empresa que opera en calquera parte da península, pode facelo sen  manter a súa sede onde fai a súa actividade; o que implica   pagar os impostos onde se inscribe e non  onde opera. Co que a riqueza desa provincia ou comunidade non  revirte  onde se  extrae a materia prima ou fai o proceso industrial. E iso é, para os diferentes territorios ,  un fiasco moi  importante. Se hai un tempo, por poñer un exemplo, Fenosa estaba en Galicia e cotizaba nesta terra, agora  sigue a operar no mesmo territorio con outro nome,  máis cotiza en Madrid ou noutro lugar do Estado.
Pois ben,  Ourense produciu, segundo a informacion referida 2134 GWh (xigavatios-hora). Polo que somos  un dos productores  de enexía  electrica máis importantes de todo o Estado. A comunidade de Madrid que é a gran consumidora,  somente produce un tercio do que gasta. Esto  que afirmo tamén acontece  noutras actividades. Polo que a provimcia, e tamén  Galicia,  sae perdedora á hora   de recadar cartos pra súa facenda.
 
E diante esta realidade cabe preguntar a razón do silencio dos deputados  tanto do PP como do PSOE por Ourense.  Pois a súa inacción  diante esta inxustiza é evidente. Ben sei que esas forzas políticas,  cos seus comites centrais na capital do reino,  non están pola labor da descentralización econommica. E os seus representantes provinciais  limítanse a quentar escano e esquecer unha realidade que nos marxina  grandemente.  Polo que rematar con esta inxustiza sería unha obriga deses diputados que din representar os ourensás e os galegos. E pra iso habería que  obrigar a esas empresas a contizar, polo menos,  proporcionalmente pola  cuantía da enerxía ou das actividades que teñen na provincia ou en  noutras partes de  Galicia.  Pois, si eso non se fai,  toda esa riqueza que sae dos nosos encoros e dos eólicos  nunca será unha axuda pra unha provincia na que, segundo a visión centralista,  sigue a ser  unha provincia e unha comunidade que vive a conta do  Estado. En fin, que como moitos ourensás, percibo que a representación política que temos nas cortes é mais testimonial que outra cousa. Ou  mellor,  é un fiasco que permite que Ourense siga nun estado de inxustiza económico permanente. Pois este tema nunca está, nin ten viso de chegar a estar,   na axenda dos dous partidos que se alternan no poder a nivel de Estado. Polo que compre que os ourensás agucemos o sentido do voto e teñamos en conta estás cuestións que non son menores.

Parque eólico de Greenalia
Parque eólico de Greenalia | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com