Adeus á independencia

Ás veces mirar cara atrás e lembrar a historia pode axudar a entender que na política hai moi poucas cousas que non aconteceran no pasado da humanidade. E aténdonos a un refran moi galego: vale máis un arreglo que un bo pleito.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 21/05/2024

Comparte esta noticia
Nos tempos do imperio romano discutían cal sería a mellor maneira de ampliar ás fronteiras  dos  dominios de Roma.  Uns defendían a forza das armas;  mentres outros falaban de camiñar pola vía dos pactos e acordos coas xentes das zonas chamadas  a seren dominadas. Nesta terra mostras hai de acordos que quedaron plasmados no metal de entón.
 
Pois ben, algo semellante pasou cando o Sr. Rajoy aplicou o artigo 155 e limitou a autonomía a Cataluña. Recortar o Estatuto  aprobado en referendum polos cataláns     documento que falaba da nación catalana marcou o inicio da chamada via unilateral de independencia e  que logo trouxo un  referendun sen valor xuridico e  o encadeamento de líderes xunto  á fuga do presidente da generalitat  e todo o  que veu despois. 
 
A  política da forza e da aplicación do pau e tente teso foi un fracaso que lle deu alas ó independentismo e aumentou a tensión política no Estado. Mais o xiro que lle deu o presidente Sánchez, defendendo medidas de gracia  e achegamento á sociedade catalá pra entender ó  sentir desta,   e o  cámbio  na política,  moi criticado pola dereita e os  da extema dereita, pasado un tempo  deu os seus froitos e trouxo unha vitoria dos socialistas que fará mudar moitas cousas na vida dos cataláns.
 
Con todas as dificultades que pode  ter formar goberno, ou si houbera que repetir as eleccións, as cousas en Cataluña  mudaron e moito. Pois os partidarios da independencia e do referendum de autodeterminación, ó perder o poder, seguro que terán que facer unha fonda reflexión pois a maioría dos cataláns non son independentistas. Ademais terán que pensar no alto grao de abstención que houbo nas eleccións.  Dentro duns días  seguro que alviscaremos cambios de estratexia. Polo que é moi probabel que, aínda que se fale de novo de referendun soamente sexa pra modificar o Estatuto e pouco máis.
 
Perder o poder ten consecuencias moi serias para os  que dalgunha maneira sempre o tiveron e  gobernaron. E forzar eleccións de novo é un risco que soamente favorece a quen xa as gañou e pode castigar o grupo  que sexa o culpabel de ter que convocalas. Polo que semella que esa opción ten poucos visos de sair adiante.
 
Nos tempos que vivimos, onde  o diálogo escasea, en Cataluña abriuse unha fiestra pra chegar a acordos e traballar por  arranxar os problemas dos cidadáns; pra que estes  teñan mellores servizos e avanzar como sociedade emprendedora  e vangardista que sempre foi.
A politica da vía unilateral e da independencia finou.  E pasada a treboada virán as conversas e o dialogo. E iso sempre é moi positivo.
 
O goberno de Sánchez respira de novo,  e ós augurios de que España se racha pararán de escoitarse alomenos por un tempo. No tocante ó Partido Popular, deixaran de falar da amnistía e terán que mover a liña de actuación. Pois o seu discurso cansino e repetitivo de que todo vai mal comenza a quedar fora de lugar. A política do dialogo abre un novo tempo, mais a independencia quedou finiquitada alomenos por bastantes anos. En fin, por moito que  manque, Sanchez acadou unha vitoria que marca unha nova etapa. Espermos acontecementos.  

Carles Puigdemont
Carles Puigdemont | Fonte: @KRLS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com