Artigos de Manuel H. Iglesias

Tempo de contas e promesas

Ben sei que estamos, a pesares do Covid 19, en precampaña electoral. E como consecuencia de tal asunto, o 12 de xullo votaremos dado que é un deber cidadán. Chegou o tempo de que Feijoo e o seu goberno rindan contas polo traballo feito durante os catro anos. E tamén que a oposición plantexe un programa alternativo se realmente quere rematar cos mandatos do Sr. de Peares. Estamos, polo tanto, no tempo das promesas electorais onde quen goberna se pode esaxera os éxitos ampliando e manipulando datos, e agocha os fracasos. O obxectivo é engaiolar os electores e convencer, pois deso vai o asunto.

España, España

Vivimos un tempo especial. Un virus inesperado irrumpiu nas nosas vidas e o gobermo tivo que tomar medidas especiais para frear unha pandemia mundial que de súpeto trouxo moitos milleiros de mortos. Polo tanto, estamos a pasar unha crise que, queiramos ou non, deixará unha marca e uns estragos persoais e económicos que, en maior ou menor grao, teremos que pagar todos.

De ética e presupuestos

Ter os presupostos anuais aprobados, para calquera institución pública, significa poder gobernar e afrontar proxectos para mellorar a vida dos cidadáns. Iso é o que sempre se di e debera ser. Sen presupostos pouco se pode facer nun concello. Mais, se falamos de presupostos e ética na política, compre entender que é preciso manter un certo grao de coherencia co que se di e logo co que se fai.

Esperando a volta á normalidade

O Covid 19 irrumpiu nas nosas vidas sen avisar e deixounos case espidos e indefensos. A súa chegada esnaquizou todos os plans que tiñamos para iste 2020 e veremos se a cousa queda neste ano ou vai pra moito máis adiante. E nós, inxénios e un chisco cretinos, pensabamos que eramos, por pentencer á vella Europa, os mellores do mundo mundial, e dimos contra unha realidade que nos meteu o medo no corpo.

Tempo para escoitar e falar

Neste tempo de confinamento percibo que, cada día que pasa, nesta sociedade escóitase menos e esbardállase máis. E faise soltando todo tipo de tolemias e trolas; faladurias que en nada axudan pra facer unha analise sosegada e calma do que estamos a sofrir; dos seus efectos e consecuencias e do que pode acontecer despois de que se controle esta pandemia.

Un silencio que abafa

Erguerse sen saber en que día estamos empeza a ser algo moi normal. A rutina do confinamento forzoso pesa sobor de nós e o silencio, que se percibe nas rúas dende o corredor da casa, é demoledor e abafante. O reloxo da igrexa marca as horas, máis pola rúa non pasa ninguén pra cumprir coa súa rutina diaria ir visitar e levar unha flores ó Camposanto. Semella que estamos nun lugar un tanto fantasmagórico onde nada se move e onde o silencio é absoluto.

Dende o confinamento

Rachar coa rutina diaria sempre foi algo interesante, mais facelo por estarmos sometidos a unha confinación ou peche dentro nas nosas vivendas, esnaquiza todas as previsións que tiñamos para esta primavera e tamén para o verán. Con todo, sendo consciente de que estas normas son precisas, non queda outra que aceptalas. Por iso, a situación que vivimos obríganos a unha reflexión sobor da nosa forma de vida e da fraxilidade que temos como seres humanos nesta sociedade.

Tu flipas nena!!!

Nestes días de confinamento forzoso parce un tempo acaído pra reflexionar sobor deses asuntos que temos máis perto como é o tema da política municipal e deixar o monotema do Coronavirus para os entendidos, pois a nós tócanos seguir as normas ditadas e pouco máis.