Artigos de Manuel H. Iglesias

As idas e voltas na política

Do mesmo xeito que aconteceu co proselistismo e denuncia atosigante que ate hai uns meses facía unha televisión local nesta nosa Auria, agora acontece algo semellante coas reivindicacións do goberno de Nuñez Feijoo ó executivo de Pedro Sánchez.

As idas e voltas na política

Do mesmo xeito que aconteceu co proselistismo e denuncia atosigante que ate hai uns meses facía unha televisión local nesta nosa Auria, agora acontece algo semellante coas reivindicacións do goberno de Nuñez Feijoo ó executivo de Pedro Sánchez.

Os dogmas na política

Cada cousa no seu sitio diciame un vello amigo. Outro comentaba que, mesturar as cuestións divinas cos asuntos humanos é unha verdadeira tolemia, pois desa mezcolanza soamente sae a intransixencia e o sectarismo. E como exemplo do que non debe ser, é o que está a acontecer en Oriente medio entre os israelitas e palestinos. Uns amparánse en mandatos divinos pra anexioanr terras e outros sofrindo as calamidades da guerra.

Os Bacelos de prata

Chovia a cachón e o vento bramaba movendo os piñeiros. As follas secas voaban como fulerpas que despiden o outono. Era o primeiro día de inverno. Moitas caras coñecidas da política; entre eles concelleiros e alcaldes, un deputado en cortes e o concelleiro de medio Rural.

A morte do rural

Dende a chegada da industrialización, decada dos sesenta, e logo despois da entrada na Unión Europea, o mundo rural galego desmorónase sen que ningunha institución faga algo salintabel pra porlle remedio. Temos terra e boas condicións pra potenciar e modernizar iste agraciado medio. Mais a sangría poboacional sigue ano tras ano e a, día de hoxe, asistimos a unha morte segura dunha forma de vivir en comunión coa nai terra.

Dos soños á realidade

Xa choveu, mais ainda o lembro con moita claridade. Corría o 1975 e debatíase nas cortes franquistas a refoma que daría lugar a transición da ditadura á democracia.

Quen cala outorga?

Como moitos refráns populares iste é un dos que ben pudera valer para reflexionar un chisco sobor da mensaxe que nos deixa. Pois, despois de ver o debate do sábado e o do luns onde un dos contrincantes falaba, apoiándose na constitución actual, de ilegalizar partidos nacionalistas que promulgan ideas que iste persoeiro non comparte e cesar e encadear a persoas ó marxe do poder xudicial, a frase dá pra pensar diante os obxectivos de fondo que persigue.

Denuncia que algo queda

Na actualidade é o que vende. Denunciar, difamar, e logo levar ós xulgados o asunto, sen ter acusacións concretas. Claro, previa noticia pública pra que os medios lle dean luz e, a poder ser, con grandes e chamativos titulares. Iste foi o mantra que se impuxo durante anos nalgúns partidos políticos moi personalistas. Cultivar a denuncia xudicial baixo a premisa de que, sempre algo queda, pois o denunciado terá que demostrar a súa honorabilidade, e non quen acusa só con indicios e sen as probas contundentes. Polo que o acusado, diante esta maneira de actuar, sempre sairá perdendo.