Artigos de Manuel H. Iglesias

As utopías e a realidade

Na esquerda política, a disputa dialectica entre os que ven na utopia ideolóxica a única meta e tentan facer unha sociedade plenamente igualitaria e rexida dende un estado que o controla todo, e os que defenden a chamada socialdemocracia, ou sexa a intervención limitada do estado, existe unha confrontación que supera o persoal e que cada día está máis viva.

Unidade Galega

A medida que pasan os días, o acordo político para formar goberno no Estado indica que, salvo un milagre pouco probavel, convocaranse eleccións para o vindeiro dez de novembro.

Menos cultura e máis festa

Coa chegada da democracia ós concellos no 1979, moitas destas institucións marcáronse o obxectivo de achegar a cultura á veciñanza e crearon unha nova concellería: a de cultura. Percibíase na sociedade unha demanda por coñecer novas formas de expresión e de acceder a novos contidos e espazos culturais que ate o momento ou estaban esquecidos ou vetados.

Eleccións en novembro?

En pleno verán, no tempo de lecer e de deixar por uns días a rutina diaria do traballo, unha imensa maioría de cidadáns miran de reollo ó que aconteza no referido á fomación do goberno. Os novos líderes andan enfarelados nun cruce de acusacións que levan a acción politica cara un camiño de provisionalidade e incerteza.

Cousas de rapaces

A verdade é que o asunto da política anda moi revolto a todos os niveis. Os novos xefes partidarios, ás veces, parecen rapaces que soamente aspiran a chegar ó poder a costa do que sexa. Uns, queren gobernar sen proxecto nin programa coñecido e confórmanse con sentarse na poltrona para dirixir algo, aínda que saiban que os seus votos non chegan pra tal obxectivo. Outros, aínda que sabedores do seu pouco apoio, queren facer valer o seu programa total.

Europeos a medias

Nesta España, onde irrumpiron novos líderes políticos, vivimos uns tempos nos que o razonamento e a coherencia entre o que se di e o que se fai escasea ou, mellor dito, non existe. Son dirixentes moi europeos para algunhas cousas, mais noutras actuan como se fóran terceiro mundistas.

Novo tempo no concello e na provincia

A pesares da gran incoherencia, ou se o prefiren do pacto entre antagónicos rivais ata agora, tanto na cidade como na provincia ábrese un tempo político novo. Un xornalista dicíame antes de elexir ó rexidor da cidade: si Jacome chega á alcaldía imos ter moitos e bos titulares de prensa. Polo que o asunto da gobernanza estará moi animado tanto na cidade como na provincia.

Incertidume política

Cando se achega o día pra constituirense as corporacións locais, na cidade das burgas os acordos para conformar unha maioría e nomear alcalde seguen na máis absoluta escuridade. As conversas que, segundo comentan, existen entre os distintos grupos, e nas que máis que falaren de programas, seica falan do reparto de poder, o que se entende como unha subasta de cromos, seica siguen a dúas bandas. Ti para eiquí e eu para alá e todos contentos.