Artigos de Manuel H. Iglesias

Medo a perder o poder

Moitos din que o poder engancha e que cando o perdes sintes un baleiro que arrepía. E algo de razón teñen, pois parece que hai xente que leva moi mal iste asunto. Claro que isto acontece cando estás moitos anos montado no machiño e ate te fas a idea de que tal posición de mando che pertence de maneira indefinida. Mais nos tempos de hoxe, nos que todo camiña á velocidade de vértigo, todo é posible.

Música enlatada

A renuncia a música en directo, non sei se por cuestións económícas ou por pura comodidade, impúxose dende hai uns anos en todos os festivais de música lixeira. Lonxe quedan aqueles certames onde músicos e cantantes se enfrontaban ó público temerosos dun erro deles ou da orquestra. A técnica permite moitas cousas, pero o seu exceso destrúe e minimaliza a capacidade artística e creativa dos que aínda ven e sinten a musica como un arte.

Un furado no pantalón

O meu amigo e veciño Carballido dixo que lle mercaron un pantalón vaqueiro que lle traía un pequeno furado e que, o verlle tal defecto, foi onde llo mercaron coa idea de cambialo. Pero aconteceu que a vendedora convenceuno de que a prenda estaba ben, pois agora os vaqueiros levan moitos furados e seica quedan moi chulos, pois é unha tendencia que indica modernidade. Vamos, que son cousas da moda, e nós como bos cidadáns temos, que bailar o son que nos indica tal concepto.

De pintadas e vandalismo

Por qué pós os pés no asiento do bus, pregunteille a un rapaz adolescente. Il, enteiro e cheo de razón, respostoume: isto é público.

Ser concelleiro: Perigo!!!

Coa ilusión de rapaces para tentar mellorar as cousas do teu concello, preséntaste a unhas eleccións nas que compites con grupos que teñen moito poder, medios e cartos e, polo tanto, espetativas electorais.

Cinismo, mentira e apariencia

Varios foron os acontecementos que nestes días viñeron a demostrar que os nosos gobernantes, que non son máis ca un reflexo dunha gran parte da sociedade, viven instalados no cinismo permanente, tamén na mentira máis ou menos piadosa e, sobor de todo, en aparentar aquelo que en cada momento necesitan.

A tradición como escusa

Se nos atemos ó significado do que entende por tradición topámonos con varias definicións. Posiblemente a máis acaída e sinxela sexa a que sigue: Conxunto de costumes e ritos que nunha sociedade se manteñen no tempo.

Unha versión cursi da Marcha Real

Despois de escoitar a unha cantante de música lixeira a versión un tanto cursi que fai sobre sobre a Marcha Real, proclamada himno de España polo franquismo, afiánzome un chisco máis na idea de que somos un Estado que, no tocante a súa simboloxía ten moito que mellorar, para ser un pais serio e non soio de pandereta, touros e españoleo barato.