Cecais, o malo do asunto, é que os xuíces non reciben reprimendas polo seus erros, que o teñen. Todo o máis que escoitan é unha amonestación que axiña pasa ó esquecemento. A primeira das novas é a referida á renuncia á extradición de Sr. Puigdemon e demais membros do seu goberno hoxe fuxidos en Europa. O motivo de tal renuncia é porque a xustiza alemana non considera que existira o cargo de sedición nos feitos acontecidos hai un tempo en Catalunya. Polo que, iste asunto, lévame á seguinte reflexión: cando un cidadán recurre a xustiza pedindo amparo ou denunciando un feito, e non acada o que pedía ou esperaba, queda ben que renuncie a tal petición? Penso que non. Pois isto é o que está a acontecer coas demandas do famoso xuíz Llarena. Dado que, ademais de facer o ridiculo diante os demais paises da Unión Europea, entra na grande contradicción de, sen ter celebrado xuizo algún, manter na cadea preventivamente a varios membros do goberno e presidentes de entidades cívicas catalánas. Menudo erro. Onde está a presuncion de inocencia?
O segundo caso está referido as imputacións que se lle fixeron o ex-alcalde de Lugo Sr. Orozco. Caso moi semellante ó que lle acontece ó ex-alcalde de Ourense Francisco Rodriguez. Pois, o Sr. Orozco, despois de seis anos de idas e voltas; de tirar pola borda a honorabilidade dunha persoa; de ter que facer un paseiño polos xulgados e ser carne de titulares na prensa, despois de todo ise calvario que lle impideiu participar noutros procesos electorais, o fiscal pide ó arquivo das causas abertas contra el. E a pregunta resulta necesaria: e para iso tanto titular de prensa e tanto ruido mediático señora Xuíz?
E diante iste panorama outra pregunta resulta obvia: Quén lle devolve o bo nome, á persoa que estivo na picota tanto tempo; quén rehabilita a súa honorabilidade? Quén lle pide disculpas por tanto erro?
A xustiza que inxusta é ás veces. Que estragos fai querendo ser tan xusta. Pois, en Ourense, tamén hai casos semellantes que, case despois de máis seis anos, están á espera de resolución. Casos que con moito rúido deron moitos titulares de prensa, pero que posiblemente quedarán todos en auga de borralla. Pero que lle fixeron moito dano ás persoas imputadas e ó goberno que daquelas dirixía o Concello, e por extensión os cidadáns deste Concello. Supoño que os lectores lembrarán o caso do ex-alcalde de Ourense e varios concelleiros e funcionarios.
E sobor desta cuestión hai moitas preguntas que, para un profano nestas lides coma min, non teñen resposta. Por iso pregunto: pode un proceso de investigación dilatarse anos e anos, case eternamente no tempo, con prórrogas e máis prorrogas baixo o segredo do sumario? E despois destes longos procesos quedarse en nada. E se isto acontece quen lles devolve ós investigados o desprestíxio sufrido?
Ademais do dito, pode un xuíz manter un proceso moitos anos abertos, sin obter os resultados nas investigacións que persigue? Quén lle esixe eficacia a istes señores togados? Pois se foran técnicos nunha empresa privada logo serían despedidos por seren ineficaces.
A conclusión de todo o dito é que, o mellor que nos pode acontecer, é que a xustiza non pete nas nosas portas, pois pode escarallarnos a vida. Dado que, aínda que salgas absolto de todas as acusacións, quedarás sempre sinalado diante a sociedade. Neste senso moito teñen que aprender as forzas políticas chamadas progresistas forzando dimisións pola simple imputación ou investigación.
En fin, isto que digo é o que se palpa nas conversasas da xente; pero tamén e o que transmite a xustiza; xustiza a que eu respeto e acato porque non me queda outra, pero que é moi cuestionada pola sociedade a que pretende servir.