ACTO I.- Pregoeiro no Festival de Pardiñas. Agosto 2010.
Pedíronme de Xermolos, Guitiriz, Lugo, que fixera unha pequena presentación túa, para incluíla logo na revista. Gustouche e contéstacheme agradecido. Velaquí aquel texto:
Que arriscado é facer de presentador. O misterio da persoa non pode pasar polas apreciacións de ninguén. Por moi obxectivos que sexamos, sempre caeremos no reducionismo. Detrás ficará a verdadeira persoa que é infinda e inabarcábel.
E, non obstante, temos de presentarnos e presentar. Non facelo sería de mal educados ou facer de menos a aquel que nos está a visitar.