Artigos de Xaquin Campo Freire

Adeus Rafael Pillado Lista, un referente ético nun mundo pouco ético

Pois claro que estamos coa alma dolorida. Finou Rafael Pillado, o noso grandísimo referente ético, de coherencia e con autenticidade.

Dun "politizado" á atención do sr. Rueda

Presidente no Goberno de Galiza e con competencias en sanidade pública. Supoño que teño que empezar por usar o tratamento que lle cómpre:

Lembrando a Vicente Couce, o cura "obreiro e antifranquista" de Ferrol

Vicente Couce Ferreira foi un histórico daqueles cregos doutro tempo de Ferrol. Estivo preso con Pepe Chao e posteriormente no Cárcere de Zamora por criticar ao Franquismo.

Carta aberta e solidaria para o amigo Iago Santalla

Hai días, 03-08-2022, recibín no facebook esta denuncia social do noso benquerido amigo Iago Santalla e interpeloume persoalmente. Algo así como: non fiques calado! Únete ao seu grito de dor e de rebeldía absolutamente xusta. Se fico calado eu tamén son responsábel do abandono e dos desprezos aos débiles.

Non hai quen afogue a voz da Santa Compaña

“E agora, xubilado, sen responsabilidades nunha comunidade concreta, que vas facer?”... “Deixa as cousas antes de que elas te deixen. Non agardes nunca a ser un sol que se pon. Despois fica pouco día” Si. Pero que vas facer? Divertirte? Pasear?

A Covid-19 e os cárceres: que apodrezan todos aí!!!

Está xa próxima a festa de “A Mercé”. Así reza o lema: Ave, Sancta Mater captivorum omnium, et ora pro nobis”. A nosa Señora da Mercé é de moi antigo a Padroeira dos presos. Trinitarios, Mercedarios e redención de captivos. Diso xa fala Cervantes no Quixote.

A Covid e os cárceres: Que apodrezan todos aí!

Está xa próxima a festa de “A Mercé”. Así reza o lema: Ave, Sancta Mater captivorum omnium, et ora pro nobis”. A nosa Señora da Mercé é de moi antigo a Padroeira dos presos. Trinitarios, Mercedarios e redención de captivos. Diso xa fala Cervantes no Quixote.

Os máis desvalidos ante o mal do Covid-19

A medicina historicamente asentou fundamentalmente en catro clásicos actos médicos: inspección, palpación, percusión, auscultación. E eses tiñan de seren absolutamente persoais e presenciais por parte dos entendidos nesas artes do curar e coidar. Só en casos de imposibilidade física se podían recibir orientacións supletorias a distancia.
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.