Artigos de Alberto Nuñez Feijoo

O Día das Letras Galegas

Con razón teimaba Vicente Risco en que Galicia non é un país pequeno. A Galicia administrativa e cartográfica non coincide coa cultural e sentimental. Galicia esténdese máis alá das súas fronteiras convencionais e latexa en lugares moi diversos.

Galicia, un bo modelo

Nos últimos anos produciuse un cambio transcendental en Galicia, que vén unirse a outros de tipo material. Desde a implantación do autogoberno, o posesivo co que designabamos o noso país deixa de ser retórico para converterse en algo real.

Mil primaveiras máis para Galicia

Pasaron xa trinta e catro anos desde que foi colocado no cemiterio de Mondoñedo ese fermoso epitafio que acompaña para sempre Álvaro Cunqueiro. ‘Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis’. Ninguén dubida de que o autor de Merlín e familia é un dos artífices de que a nosa terra sexa perdurable. Da súa man, Galicia prolongouse nas lendas, nos mitos, na fantasía, encarnándose en seres que compoñen unha poboación que vive na imaxinación dos lectores. Son polo tanto trinta e catro primaveras máis as que o noso país ten gozado, grazas ao legado cunqueirán.

Galicia, xunta no fundamental

Cando hai un ano me dirixín aos galegos na declaración institucional que tivo lugar con motivo do accidente ferroviario de Angrois dixen que o ocorrido marcaría para sempre todos os Días de Galicia da nosa historia.

Galicia, solidaria na dor e solidaria na acción

Galicia recibiu o pasado mércores o golpe máis duro da súa historia recente. Nunca antes batera contra nós a traxedia coa forza coa que o fixo na fatídica véspera da festividade do Día de Galicia.

Confianza en Galicia

Dende hai moito tempo esténdese en Galicia un acontecemento que moitas veces pasa desapercibido. Case ninguén se decata porque os seus protagonistas repártense entre distintos lugares e nas máis diversas tarefas. Porén, as mesmas mulleres e homes que pasan a vida dun xeito discreto en calquera recuncho da nosa terra inflúen decisivamente na Historia porque, xuntos, representan unha fermosa historia de loita e superación.

Os soños cumpridos do Presidente Fraga

Nunha data tan prematura como 1982, don Manuel Fraga Iribarne facía unha confesión que hoxe resulta esclarecedora. “Gustaríame morrer con algunha obra importante e duradeira detrás, aínda que non ignoro que todo é caduco, fugaz e pequeno”. Este desexo, expresado na súa obra España entre dous modelos de sociedade, viuse colmado amplamente porque a obra que deixa detrás, como presidente da Xunta, como pai da Constitución e como fundador duns dos principais partidos da España democrática, é xa patrimonio de todos e, a pesar da erosión que o paso do tempo produce, quedará fixada no futuro.