Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

Galicia ante o Fondo

Anda Feijoo falando cos uns e os outros á busca de ideas para captar a parte do inmenso Fondo de Recuperación Europea que nos corresponde. Mesmo tenta endosar a responsabilidade ás empresas a quen lles esixe proxectos.

Unha oportunidade excepcional

O fondo de recuperación europea acordado o pasado 21 de Xullo supón unha oportunidade histórica de alcance aínda imprevisible para Galicia. As vindeiras xeracións non nos perdoarán que perdamos a que parece xa derradeira ocasión de colocar o país na senda da modernidade.

E agora que?

Se comparamos cifras, veremos que o 12-X deixa as cousas tal como estaban. En todo caso, cambia a posición dos contendentes ante o futuro.

Feijóo votará BNG

Non é unha boutade senón a conclusión dun exercicio de lóxica e oportunidade. Aínda non o sabe pero eu creo que si, que despois dunha última semana de dúbidas e malos momentos, Feijóo darase conta de que o mellor para el mesmo e para o país dende logo, é que perda as eleccións.

O debate que non haberá

O dominio do PP nas enquisas seguramente prive aos galegos dun debate electoral sempre necesario pero máis nas circunstancias que concorren nesta campaña. Nun exercicio medio onírico, permitinme imaxinar como podería ter sido ese tal debate (pido desculpas aos candidatos e candidata pola usurpación momentánea).

Alcoa e a Xunta

Alcoa leva dende 2014 ameazando co peche da factoría de aluminio de San Cibrao. A postura da Xunta foi dende sempre botar balóns fóra. Unha vez se desencadea a crise, pasa a pensar directamente en clave electoral.

As fotos da dereita

A dereita sempre foi moito de utilizar imaxes para ilustrar a realidade. Nada como a foto de Colón, por exemplo, para saber de que vai o asunto. Pero o que están a facer co gallo do coronavirus traspasa calquera fronteira.

O que arde

A película de Oliver Laxe segue a recoller galardóns. Alén do extraordinario mérito de seu, “O que arde” habería servir para reverter de vez o modelo forestal e rural de Galicia.