Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

Recurtar antes de morrer

Seica os de Facenda se impuxeron sobre os de Economía (por moita face de boxer que poña o seu titular), que os contables pesan máis cos economistas, e que as contas da vella se prefiren á análise econométrica. Porque nunha familia “abonda” con axustar os gastos ós ingresos, pero os efectos das decisións das institucións públicas transcenden a contabilidade da Administración para influír de cheo na economía do País. E diso semella que ninguén se decata.

A reforma de Mariano R.

Así como Feijóo leva tres anos empobrecendo Galicia, económica e socialmente, empeza Rajoy o seu goberno facendo unha España máis inxusta.

A cuarta forza

Pensamento único, bipartidismo, terceira vía, cuarta forza. A política non deixa de ser unha sorte de escaleira imposible de ascender. Iso deben de pensar os líderes do nacionalismo galego. Segundo o CIS, entre 1997 e 2009, o sentimento nacionalista en Galicia pasou do 33 ó 15%. Entre 2005 e 2009, os galegos en degoiro dunha autonomía maior, pasaron do 26 ó 16%, dez puntos perdidos en catro anos. Os soberanistas seica representan o 2% da poboación. Cifras de sentimento político con reflexo nítido nos resultados electorais: grosso modo, 50% de tendencia de voto cara ó PP, 35% para o PSOE, 15% (ben optimista) para o BNG.