Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

E por qué o propio?

A Coruña confírmase un ano máis como a capital de cosmopailanismo, urbe onde calquera excentricidade chegada das galaxias exteriores é acollida con paixón. O mariscal do cosmopailanismo foi aquel exalcalde que agora dá nome a un tramo do seu paseo marítimo e sae nos faladoiros alumeando a nosa ignorancia en asuntos de historia e de relixión.

San Xoán coma síntoma

O Concello da Coruña botou o resto no San Xoán. O espazo que noutros tempos ocuparon o circo, os touros, o fútbol, queda agora para as festas. Coa relixión baixo sospeita, representan o novo opio do pobo.

A paisaxe en Europa

Europa trouxo a modernidade a Galicia. Inda que para uns sectores supuxo un lastre importante, para outros moitos representou a esperanza dun futuro.

Unha galega en Alemaña

Con preto do 60% do paro no país, os mozos galegos miran cara ao exterior cando planean o seu futuro. O exterior que é tanto como dicir o descoñecido.

Galicia, campiona en destrución de emprego

A EPA do cuarto trimestre confirma a evolución de 2013 no seu conxunto. En España, cae lixeiramente o número de parados inda que manténdose o índice de desemprego nese 26% bestial. A ocupación segue á baixa. Galicia, peor que ningunha outra comunidade autónoma.

Momento estratéxico

Estamos tan afeitos ás derrotas en Galicia que nin sequera chegamos a recoñecer as vitorias. A adxudicación de NCG a Banesco é un gran triunfo do País. E todos deberiamos estar celebrándoo.

Feijóo a Cuba, NCG a Cataluña

Ou moito se trabucan algúns, eu incluído, ou está todo o peixe vendido. O peixe, o banco, a economía, a dignidade e o resto do país. Vendido de saldo, entregado.

O vindeiro goberno galego

O Partido Popular leva a dianteira, como dita a tradición. O seu proceder diario inspírase nun obxectivo permanente, gañar as vindeiras eleccións. Velaí o seu método, o seu xeito de gobernar.