Artigos de Marcelino Fdez. Mallo

Abismo ou horizonte

O dramatismo inventouse para días así. O 22 de Outubro Galicia espertará coas ideas claras. O 22 coñeceremos de vez a forma do noso ADN, o patrón psicolóxico do País, a vixencia ou virtualidade dos seus degoiros. O 22 coñeceremos a fisionomía do noso futuro.

Contabilidade electoral

Dise en contabilidade que os gastos adoitan coñecerse, non así os ingresos, de xeito que para cadrar as contas é imprescindible actuar expresamente sobre os ingresos. Un procedemento semellante haberá que seguir para cadrar as contas nos vindeiros comicios galegos.

O loro de Feijóo

En moitos países de Hispanoamérica, as familias de ben adoitaban posuír un loro como animal de distracción. Xa for polo gusto do loro ou polo do propietario, era común deixar nas gaiolas os refugallos do chocolate que degustaban na casa. Como é sabido, unha vez que moitas desas familias entraron en deleiba financeira, decidiron eliminar a ración de chocolate do loro.

Compromiso por Galicia

Seica os tempos son propicios ás forzas alternativas ou, simplemente, ás novas formacións. Velaí o recente caso grego ou, algo antes, a vitoria de Cascos en Asturias. En Galicia xorde unha iniciativa con vimbios para se constituír nunha grande oportunidade para o País.

Galicia capital Madrid

Hai unhas semanas, César Molinas, colaborador de El País, publicaba o artigo España capital Madrid no cal analizaba o que el chamaba capitalismo castizo. Hoxe volvo ler a mesma expresión noutro medio o que me fai pensar que o concepto vai callando. En Galicia coñecémolo ben.

Recurtar antes de morrer

Seica os de Facenda se impuxeron sobre os de Economía (por moita face de boxer que poña o seu titular), que os contables pesan máis cos economistas, e que as contas da vella se prefiren á análise econométrica. Porque nunha familia “abonda” con axustar os gastos ós ingresos, pero os efectos das decisións das institucións públicas transcenden a contabilidade da Administración para influír de cheo na economía do País. E diso semella que ninguén se decata.

A reforma de Mariano R.

Así como Feijóo leva tres anos empobrecendo Galicia, económica e socialmente, empeza Rajoy o seu goberno facendo unha España máis inxusta.

A cuarta forza

Pensamento único, bipartidismo, terceira vía, cuarta forza. A política non deixa de ser unha sorte de escaleira imposible de ascender. Iso deben de pensar os líderes do nacionalismo galego. Segundo o CIS, entre 1997 e 2009, o sentimento nacionalista en Galicia pasou do 33 ó 15%. Entre 2005 e 2009, os galegos en degoiro dunha autonomía maior, pasaron do 26 ó 16%, dez puntos perdidos en catro anos. Os soberanistas seica representan o 2% da poboación. Cifras de sentimento político con reflexo nítido nos resultados electorais: grosso modo, 50% de tendencia de voto cara ó PP, 35% para o PSOE, 15% (ben optimista) para o BNG.