A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembrou que "non se trata de adultos que poden aloxarse nun hotel", senón que son menores que necesitan acompañamento, escolarización, atención sanitaria e atención residencial 24 horas, polo que, reiterou, "nestes momentos Galicia non ten capacidade de acollida de máis de 300 menores migrantes".
  comenta   0
O titular da carteira educativa galega puntualizou que aínda que Galicia "tivo salto moi notable e está por enriba" da media estatal nestas competencias nos principais indicadores académicos, cómpre "seguir traballando" na mellora permanente.
  comenta   0
Os orzamentos da Xunta xunto á lei de medidas fiscais, coñecida como lei de acompañamento, chegan ao pleno para a súa aprobación definitiva o vindeiro martes entre críticas dos grupos da oposición (BNG, PSdeG e Democracia Ourensana) pola falta de receptividade do grupo maioritario, o PP, a incluír as súas emendas.
  comenta   0
No novo convenio tamén figura o acompañamento a maiores de 70 anos e persoas dependentes no permiso de asistencia médica e o aumento dun 130% do pago das horas extraordinarias.
  comenta   0
Representantes dos sindicatos CIG, CC.OO., SLG e o Colexio Oficial de Traballo Social denunciaron que a lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para 2025 modifica "pola porta de atrás" a participación do Consello Galego de Benestar Social que, en opinión das organizacións sindicais e do Colexio, limitarase agora a "emitir ditames a instancias da Consellería".
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego advirte de múltiples cambios que provocan unha "inseguridade xurídica" en favor de proxectos como os de Altri e eólicos.
  comenta   0
Neste encontro, o conselleiro anuncioulles que se incluiría o acordo de redución de cocientes e horarios asinado en outubro de 2023 na lei de acompañamento aos orzamentos do ano 2025. O acordo de 2023 inclúe, á súa vez, a aplicación dun previo que data xa do ano 2009 e que ata o momento non se estaba despregando na súa totalidade.
  comenta   0
"Díxose que esa lei estaba xa desenvolvida na lei de acompañamento, pero non está. Hai un novo compromiso, que nos parece vago e impreciso, e niso estamos a traballar desde o departamento para confirmar se tal e como aparece recolleito é xuridicamente válido", manifestou a portavoz municipal Míriam Louzao.
Faino a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Habilítase de forma "temporal e extraordinaria" a posibilidade de declarar proxectos de interese autonómico de creación de chan industrial no rural.
  comenta   1
O home de 76 anos de idade, Ovidio Rodríguez, usuario dunha residencia de maiores de Vigo, desapareceu o pasado luns e foi localizado este venres na cidade portuguesa de Braga, onde foi evacuado a un hospital.
"Galicia precisa hoxe un cambio de modelo cultural. Soster, mellorar e integrar os organismos que xa existen e mudar as dinámicas tanto de proxección internacional coma de acompañamento no territorio, para eliminar as verdadeiras barreiras coa cultura, as de clase, as barreiras psicolóxicas ou as dos medos e prexuízos coa cultura".
  comenta   0