O consello asesor de telecomunicacións e audiovisuais de Galicia será suprimido pola lei de acompañamento

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2024 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A Xunta prevé suprimir o consello asesor de telecomunicacións e audiovisuais de Galicia a través da lei de medidas fiscais e administrativas que este sábado entregou no Parlamento xunto ao proxecto de orzamentos para o ano que vén.

En concreto, a norma prevé suprimir da lei do audiovisual de Galicia todo o capítulo referido a este consello asesor, que no seu día foi creado "como un órgano de integración e participación das institucións, empresas, axentes e entidades directamente relacionadas cos referidos sectores, operadores e usuarios".

A intención era "que actuará con carácter consultivo e asesor para a administración e de mediación para a arbitraxe e autocontrol entre os que voluntariamente se sometan a estes procedementos".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes de participar nun Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes de participar nun Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta