Ao requirirlle ao condutor a documentación para o transporte manifestou que carecía dela, que a trae desde Portugal e o destino é unha depuradora da comarca do Salnés.
  comenta   0
Rula Domínguez, investigadora da UVigo, revela que "ante a baixada de salinidade a ameixa babosa e o berberecho son as especies máis afectadas, xa con baixadas de salinidade que non superen o 5, cando nas rías mesmo se pode chegar ao 0, á auga doce, cando os encoros desaugan; se iso pasa, péchanse e deixan de filtrar, e nese tempo non están crecendo, gastan enerxía para defenderse, para sintetizar proteínas, teñen cambios na reprodución e vense máis vulnerables aos depredadores".
  comenta   0
As mariscadoras a pé da ría de Pontevedra retomaron a actividade este luns tras o parón de dúas semanas co obxectivo de recuperar o produto por mor da alta mortaldade producida polas treboadas e a baixada da salinidade.
  comenta   0
O Executivo autonómico indicou que os profesionais do mar "son conscientes" de que tras as obras a ría quedará "totalmente improductiva" e que "é fundamental" que se estendan as axudas durante ese tempo de inactividade
Os colectivos ecoloxistas e de traballadores do mar tamén denuncian que en 2022 perdeuse a metade do valor da produción galega de ameixas respecto á media de 2002-21.
  comenta   0
O obxectivo é incrementar o control ambiental do río Ulla e dos bancos marisqueiros de Carril, a través de campañas de mostraxe e monitorización da calidade das augas.
  comenta   0
Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
O documento destaca os bos resultados do plan de xestión do banco marisqueiro das Pías, así como a implantación dunha veda temporal e os controis máis estritos dos exemplares capturados.
  comenta   0
Os cada vez máis habituais episodios de choivas torrenciais contribuirán á perda de salinidade do mar e aumentarán a mortalidade destes bivalvos, segundo un novo estudo.
  comenta   0
O proxecto Pontevedra Capital Gastro ofrecerá múltiples actividades e degustacións de marisco entre os días 18 e 30 de xuño
  comenta   0
O estudo levou a cabo tras detectar a presenza do virus en feces de pacientes infectados e, en consecuencia, nas augas residuais que acaban nas rías.
  comenta   0
A exposición a maiores temperaturas polo cambio climático aumentará as taxas de mortalidade nos bivalvos, segundo un estudo realizado en rías galegas.
  comenta   2
Científicos identifican unha "prevalencia significativa" do virus da hepatite E en moluscos bivalvos das rías de Ares-Betanzos e Vigo, cuxa fonte de infección poderían ser granxas porcinas próximas. Advirten de que os procesos de depuración aos que se someten os moluscos destinados ao consumo humano “non son completamente efectivos para a eliminación viral”.
  comenta   3
Mentres, Portugal intensifica as operacións contra a recollida furtiva de bivalvos que acaban ilegalmente no mercado galego. Nos últimos cinco meses incautaron un un total de 55 toneladas. O programa “¿Te lo vas a comer?” de La Sexta afondou a pasada senana na gran rede de tráfico de ameixas de Portugal a Galicia.
  comenta   1
Na "escasa marxe de dous meses", destaca a Benemérita, a Garda Civil incautouse na provincia de Pontevedra "de algo máis de tres toneladas de ameixa ilegal procedente de Portugal". Ademais, o pasado fin de semana incautáronse outros 1.800 quilos nas proximidades do Grove.
  comenta   1
O Seprona calcula que, entre 2012 e 2017, se venderon en lonxa "algo máis de 130 toneladas" de bivalvos sen ser rexistradas en puntos de control
  comenta   0
Axentes da Garda Civil estiman que durante o 2017 se lles incautaron 1.620 quilos de ameixa e calculan que os prexuízos económicos causados ascenden aos 13.000 euros.
  comenta   0
Incautáronselle preto de seis quilos de ameixas e berberechos e máis da metade non tiñan a talla mínima permitida.
  comenta   0
O Servizo de Gardacostas realizou máis de 9.000 incautacións no que vai de ano, o que supón un "gran impacto económico" para Galicia.
  comenta   0
A Corbicula fluminea xa colonizou 197 quilómetros na conca do Miño-Sil, segundo datos recollidos nunha tese doutoral da Universidade de Vigo.
  comenta   0
Unha tese doutoral investiga a enfermidade provocada polo parasito 'Perkinsus olseni', que pon en risco a produción de ameixa xaponesa, unha das especies con maior produción en Galicia e en España.
  comenta   0