A Cámara pide ao Goberno que a creación de espazos protexidos mariños non afecte á pesca galega

Preocupación pola mortandade do "longueirón" na ría de Arousa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2023 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que o proxecto de decreto polo que se aproban novos espazos protexidos mariños, incluída a creación do corredor migratorio galaico-cantábrico occidental, "non afecte ou altere as condicións que regulan a pesca profesional galega no seu conxunto tanto no presente como no futuro".

A deputada popular Elena Suárez expuxo esta iniciativa do seu grupo, apoiada por unanimidade. "O proxecto en si parece que non debería interferir na actividade pesqueira, pero si é preocupante a posible conexión que poidan ter estas medidas co desenvolvemento dos actos derivados da Estratexia sobre Biodiversidade para 2030 e do plan de acción da Unión Europea", razoa.

Remarca que o Ministerio para a Transición Ecolóxica iniciou o 24 de abril o trámite de audiencia e consulta pública para a aprobación do proxecto de orde pola que se aproba a proposta para a inclusión de seis espazos mariños protexidos na lista de lugares de importancia comunitaria da Rede Natura. Este seis espazos suman unha superficie adicional de máis de 9,3 millóns de hectáreas e supoñen un aumento do 8,7 por cento de superficie mariña protexida.

Neste sentido, Suárez lamenta que, "en ausencia dunha regulación acompañada dos preceptivos informes e estudos de impacto, a posta en práctica das propostas enumeradas na Estratexia de Biodiversidade 2030 e o seu plan de acción pode causar, e está a causar, un grave dano con elevadas consecuencias socioeconómicas ao sector pesqueiro".

Ría da Arousa con distintos illas e illotes
Ría da Arousa con distintos illas e illotes | Fonte: grancalili

MORTANDADE DO LONGUEIRÓN

Por outra banda, a praia da Canteira da Illa Arousa rexistrou un episodio de mortaldade masiva de navallas, 'longueirón' e ameixas, entre outros, que provocou a preocupación da confraría e o sector.

Na comisión de Pesca do Parlamento galego, o deputado socialista Julio Torrado preguntou á Xunta, no marco dunha pregunta sobre marisqueo, sobre este episodio de mortaldade "enorme" sufrido o pasado fin de semana, pois apunta que están "moi preocupados" na confraría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta