Os colectivos ecoloxistas e de traballadores do mar tamén denuncian que en 2022 perdeuse a metade do valor da produción galega de ameixas respecto á media de 2002-21.
  comenta   0
Percorrerán case 6.400 quilómetros deses máis de 250 municipios e permanecerán neles entre un e tres días ofrecendo unha degustación ao mediodía e outra pola tarde
  comenta   0
Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
As investigadoras poñen o foco nos "repetidos eventos" nos que peixes e moluscos morreron masiva e repentinamente nas rías galegas. "A única explicación posible é a baixada drástica da salinidade debido á apertura dos encoros", indican.
  comenta   0
Datos achegados por investigadores da Universidade de Vigo mostran que ambos os sectores sufriron unha importante diminución das capturas, ingresos e prezo medio por quilo nas lonxas galegas. No medio desta crise, Xunta e Estado manteñen un conflito polo recurso presentado polo Goberno central contra a orde pola que se aprobou o plan xeral de explotación marisqueira para 2021-2023.
  comenta   0
A coquina pasou de 40 toneladas nos anos 90 aos 500 quilogramos da actualidade, mentres que o mexillón afronta un novo perigo, as biotoxinas SPX-13 e a PnTX-G, pouco estudadas aínda en Galicia. Pola contra, un equipo no que participa a USC afondou sobre a “marteliose”, un dos principais inimigos dos berberechos.
  comenta   0
Así o asegurou a directora xeral de Pesca, que reporta unha baixada xeralizada da pesca en rías por mor da pandemia.
  comenta   0
A exposición a maiores temperaturas polo cambio climático aumentará as taxas de mortalidade nos bivalvos, segundo un estudo realizado en rías galegas.
  comenta   2
Galicia Confidencial foi á ría de Muros e Noia para coñecer os principais problemas das mariscadoras. Frío, chuvia, fatiga, toxinas e, agora, a covid. As dificultades ás que se enfronta o sector do marisqueo son moitas e moi diversas e poucos consumidores saben o esforzo que hai detrás da ameixa ou do berberecho que poñen nas mesas de Nadal.
  comenta   0
Analíticas realizadas superan os niveis permitidos de toxinas. Intermar terá que realizar unha analítica este luns para confirmar este peche.
  comenta   0
A Policía Local de Ferrol interveu case 100 quilos de marisco e o vehículo no que transportaban o produto, informaron fontes deste corpo municipal.
  comenta   0
Científicos identifican unha "prevalencia significativa" do virus da hepatite E en moluscos bivalvos das rías de Ares-Betanzos e Vigo, cuxa fonte de infección poderían ser granxas porcinas próximas. Advirten de que os procesos de depuración aos que se someten os moluscos destinados ao consumo humano “non son completamente efectivos para a eliminación viral”.
  comenta   3
Paulino Martínez é o coordinador de Inmunogenom e a agrupación estratéxica BioReDes, que avalía o rol da investigación en acuicultura na industria e no medio ambiente. Nesta entrevista destaca a importancia do sector e como avanzan tamén as invesgacións da ameixa, o berberecho, a troita arco da vella ou o lenguado.