O Diario de Oficial de Galicia publicou este xoves as axudas extraordinarias e directas por valor de 4 millóns de euros para paliar os custos básicos do sector marisqueiro.
  comenta   0
Rueda anuncia 4,4 millóns para o sector marisqueiro afectado polas riadas de novembro e 46 millóns para políticas de emprego. Critica o anuncio de Sánchez da construción dun buque da Armada en Ferrol.
  comenta   0
Rula Domínguez, investigadora da UVigo, revela que "ante a baixada de salinidade a ameixa babosa e o berberecho son as especies máis afectadas, xa con baixadas de salinidade que non superen o 5, cando nas rías mesmo se pode chegar ao 0, á auga doce, cando os encoros desaugan; se iso pasa, péchanse e deixan de filtrar, e nese tempo non están crecendo, gastan enerxía para defenderse, para sintetizar proteínas, teñen cambios na reprodución e vense máis vulnerables aos depredadores".
  comenta   0
A baixada da produción dalgunhas especies de bivalvos nos bancos marisqueiros das nosas rías nos últimos dez anos é aterradora. Os datos son evidentes: o berberecho caeu en produción en 2023 con respecto á media dos últimos 20 anos un 82 %; a ameixa fina fíxoo nun 72 %; a ameixa babosa, nun 76 %; a ameixa rubia, nun 68 %; a ameixa bicuda, nun 91 %; o reloxo, nun 88 %... Que está a ocorrer?
  comenta   0
A deputada do BNG Rosana Pérez reprochou á Xunta que non estude a incidencia do baleirado de encoros na mortalidade de bivalvos nas rías galegas e que o xustifique con que "chove moito".
  comenta   0
Demanda que a Xunta saia da "parálise na que está e tome medidas" para frear a perda de produtividade que veñen detectando nas rías galegas, especialmente no referido a bivalvos.
  comenta   0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, recoñeceu este martes que as fortes choivas rexistradas nas últimas semanas na Comunidade están a afectar ao crecemento do marisco nas rías galegas, polo que apostou pola investigación para atopar as variedades "máis resistentes".
  comenta   0
O Executivo autonómico indicou que os profesionais do mar "son conscientes" de que tras as obras a ría quedará "totalmente improductiva" e que "é fundamental" que se estendan as axudas durante ese tempo de inactividade
"Sabiamos que non toda a cría vai sobrevivir e vai morrer moita, pero isto é un mazazo novo", lamenta Quico Pérez, presidente da agrupación de mariscadores a pé en Noia.
  comenta   0
Para evitar a enchida do encoro do Tambre Naturgy abriu as comportas, vertendo durante a baixa mar litros e litros de auga, baixando así a salinidade dos bancos marisqueiros e ocasionando a morte das crías de marisco. Santiago Cruz, patrón maior da Cofradía de Pescadores de Muros pide á Xunta "que esixa a Naturgy, empresa responsable do encoro do Tambre, que non abra as comportas en baixamar, teñen 16 horas ao día para soltar auga sen ser en baixamar".
  comenta   0
As capturas do bivalvo este ano supuxeron o 6 % das capturas de 2022 e o 13 % das de 2021. Nos dez primeiros días de campaña deste ano sacaron só 39,3 toneladas de moluscos, fronte a 226,6 toneladas hai dous anos e 433,5 no dez primeiros días de traballo durante o pasado ano.
  comenta   0
O conflicto está na decisión da empresa A Ostreira de ampliar as súas instalacións en terreo público, cando dispón de terreos privados ao carón das súas instalacións.
  comenta   0
Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
Introducida na década de 1980 e explotada comercialmente nas Rías Altas, a ostra do Pacífico podería espallarse cara ao sur e ocupar a totalidade das Rías Baixas polo quecemento do mar, causando impactos ambientais e económicos, alertan científicos.
  comenta   0
Os investigadores confirman o primeiro rexistro en Galicia de infestación de vieiras por 'Polydora hoplura', na ría de Vigo, e temen que se estea espallando por outros puntos. Este verme afecta a moluscos bivalvos, nos que se instala perforando as súas cunchas, comprometendo o seu desenvolvemento e existencia.
  comenta   0
As confradías da ría de Ferrol denuncian que os entes públicos non cumpriron a promesa de financiar unha investigación para averiguar o porqué da caída de produción.
  comenta   0
Os cada vez máis habituais episodios de choivas torrenciais contribuirán á perda de salinidade do mar e aumentarán a mortalidade destes bivalvos, segundo un novo estudo.
  comenta   0
A coquina pasou de 40 toneladas nos anos 90 aos 500 quilogramos da actualidade, mentres que o mexillón afronta un novo perigo, as biotoxinas SPX-13 e a PnTX-G, pouco estudadas aínda en Galicia. Pola contra, un equipo no que participa a USC afondou sobre a “marteliose”, un dos principais inimigos dos berberechos.
  comenta   0
Así o asegurou a directora xeral de Pesca, que reporta unha baixada xeralizada da pesca en rías por mor da pandemia.
  comenta   0
A exposición a maiores temperaturas polo cambio climático aumentará as taxas de mortalidade nos bivalvos, segundo un estudo realizado en rías galegas.
  comenta   2