Sempre fun partidario de utilizar criterios innovadores para acadar a galeguización da sociedade fuxindo das inertes e manidas inercias.
  comenta   0
O xigante do transporte público válese de pequenas empresas familiares para crear unións mercantís e esquivar a normativa antimonopolio. Dende o sector denuncian que Monbús se apropia de axudas públicas doutras entidades e que a Xunta, consciente da estratexia, segue favorecendo á compañía.
  comenta   1
A publicidade en galego ten como primeiro fito histórico o anuncio da máquina de coser da “Compañía Fabril Singer” publicado nos derradeiros anos do século XX na revista A Monteira. Por aquel entón a editada na Habana e dirixida por Curros Enriquez “Terra Galega”, anunciaba tres marcas de viños galegos “Salto do Can”, “Enxebre” e “Veira do Miño”.
  comenta   0
Euloxio Ruibal foi un dos promotores deste grupo de rapaces comprometidos social e politicamente que decidiron capturar a través da súa cámara parte desa historia nosa que estaba esmorecendo. Do seu intenso traballo recupéranse agora algunhas pezas cinematográficas como o derrubamento do Castromil. A través desta conversa con Ruibal, reconstruímos parte da historia do noso cinema.
  comenta   0
En 1934 , Massó, a máis moderna conserveira de Europa do seu tempo, tiña a súa sinalética interior en lingua galega. Décadas despois, nos cincuenta, os Laboratorios Zeltia publicaban o “ Calendario ZZ”, íntegramente en galego, cando estaba prohibida a utilización do noso idioma nas relacións comerciais e publicitarias, distribuído por feiras e establecementos de comercialización dos seus produtos.
  comenta   0
O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a Federico García Lorca e a Ánxel Casal, alcalde republicano “paseado” en agosto de 1936. Pero tamén distingue coas mesmas honras a outros cidadáns, entre eles a Ramón Castromil Ventureira, a proposta do Foro E. Peinador. Asemade, concédelle a medalla de ouro da cidade á agrupación folclórica Cantigas e Agarimos a instancias da Fundación L. Peña Novo.
  comenta   0